Os restos do represaliado descoñecido exhumado en 2009 na fosa número 2 de San Xián descansan novamente no cemiterio civil de Nigrán. Grazas ó labor de colaboradores e voluntarios do Instituto de Estudos Miñoranos foi posible dignificar e restaurar a sepultura onde foi depositado no ano 2010, tras aparecer esta meses atrás, desfeita e en malas condicións .
“Na casa a veces comentáronme algo, mais coido que pasou fai moito tempo”. ” Non me creo que castigaran a xente por pertencer a outro partido político”. ” Eu nunca souben tal cousa”. Estes son algúns dos comentarios que alumnos do IES Ricardo Mella fixeron aos profesores ao contemplar a mostra “Atopados”, que dende principios de novembro está exposta no devandito centro.
Composta de 11 ploters explicativos, “Atopados” informa da investigación histórica, a escavación arqueolóxica e a identificación anatómico-forense e xenética dos cadáveres exhumados nas dúas fosas de San Xián, O Rosal, en abril de 2009 polo IEM en colaboración coa Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Santiago.
No remate de xaneiro o xornalista do Jornal das Noticias Paulo Julião acompañado do fotógrafo Paulo Magalhães realizou unha visita ao Instituto de Estudos Miñoranos para realizar unha reportaxe sobre os dous cidadáns protugueses asasinados en febreiro de 1937 (Abilio e Manuel Prudêncio) e soterrados en San Xián, O Rosal que que foron exhumados e entregados aos seus familiares.
O pasado venres 4 de febreiro e o sábado 5, o xornalista do diario Público de Lisboa Carlos Pessoa e o fotografo Paulo Pimenta do mesmo xornal cursaron unha visita ao Instituto de Estudos Miñoranos para elaborar unha reportaxe sobre as fosas de San Xián, nomeadamente para dar a coñecer en Portugal o caso de Abilio Araújo Barbosa e Manuel Prudêncio, cidadáns portugueses residentes en Chaín (Gondomar), asasinados o 10 de febreiro de 1937.
Acompañados polas autoridades do Concello de Nigrán, membros do IEM, familiares e público en xeral, o sábado 27 de novembro de 2010, ás 12h. no Salón de Plenos da casa do Concello de Nigrán, entregáronse os restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia . Os mesmos foron soterrados no cemiterio de San Pedro da Ramallosa.
Achegamos pdf dos ploters da exposición que se realizará no salón de plenos da casa do concello de Nigrán, o sábado 27 de novembro de 2010, ás 12h. con motivo da entrega dos restos de JOAQUÍN IGLESIAS PORTELA á súa familia para que sexan soterrados no cemiterio de San Pedro da Ramallosa.
{youtube width=”200″ height=”160″}VsIuluhwUjc{/youtube}
Vítimas, verdugos e salvadores é a triloxía que se amosa nesta testemuña de Álvaro Araújo, fillo de Abilio, uns dos veciños de Chaín asasinados na madrugada do 10 de febreiro de 1937 por un grupo de gardas cívicos.
{youtube width=”200″ height=”160″}eyZL3-PycOM{/youtube}
Esta realización ten por obxectivo achegar a todos os usuarios da web, os materiais e testemuños que alicerzaron as diferentes investigacións que sobre esta cuestión está a desenvolver o IEM.
{youtube width=”200″ height=”160″}V3ADFDaj-EU{/youtube}
A partir deste luns e con periodicidade semanal, baixo o título Rexistros da Memoria o Instituto de Estudios Miñoranos comezará a publicar parte do seu arquivo oral sobre memoria histórica. Esta realización ten por obxectivo achegar a todos os usuarios da web, os materiais e testemuños que alicerzaron as diferentes investigacións que sobre esta cuestión está a desenvolver o IEM.
O próximo venres 24 de setembro ás 20h. na Escoliña de San Xián, concello do Rosal, inaugurárase a exposición composta de 7 paneis explicativos sobre o proceso de investigación histórica, escavación arqueolóxica e identificación das dúas fosas de San Xián.