(un golpe) E a pouta de metal que estoupa tras dos ollos,
pouta que destrúe memoria, amor, desexo, vida.
(dous golpes) Pólvora, bala, pouta de metal que estoupa,
pouta que destrúe a imaxe amada, as voces infantís. {jathumbnail off}
(un golpe) E a pouta de metal que estoupa tras dos ollos,
pouta que destrúe memoria, amor, desexo, vida.
(dous golpes) Pólvora, bala, pouta de metal que estoupa,
pouta que destrúe a imaxe amada, as voces infantís. {jathumbnail off}
Foi nos días tristísimos de dor e de miseria
en que sopraba un vento de loito rigoroso
e a animalia afiaba na tobeira coitelos
para os ollos dos orfos {jathumbnail off}
Máis de 70 vítimas da represión franquista en Pontevedra entre os anos 1936 – 1939 quedan rexistradas no libro Pontevedra nos anos do medo, que presentou o profesor Xosé “Pepe” Álvarez Castro o pasado venres 29 de novembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A obra é froito dunha longa pescuda nos arquivos do Estado español e de Galicia, así como na recollida de centos de testemuños orais. Este traballo permite ao lector achegarse aqueles anos “do medo” a través dun traballo que preocupouse en contextualizar toda a información para unha mellor compresión dos primeiros anos da ditadura en Pontevedra.
Os restos do represaliado descoñecido exhumado en 2009 na fosa número 2 de San Xián descansan novamente no cemiterio civil de Nigrán. Grazas ó labor de colaboradores e voluntarios do Instituto de Estudos Miñoranos foi posible dignificar e restaurar a sepultura onde foi depositado no ano 2010, tras aparecer esta meses atrás, desfeita e en malas condicións .
O vindeiro domingo 13 de outubro, ás 13 horas, volveremos reunirnos en torno al monumento “Volta dos Nove”, na curva da Bombardeira (Baredo – Baiona). Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembraremos a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona – Camposancos.
A sinxela homenaxe do domingo consistirá nun momento de recollemento fronte ao monumento, obra do escultor Fernando Casás, unhas breves palabras do historiador Carlos Méixome, director do IEM, e unha ofrenda floral.
O 18 de xullo de 1936 Del Riego estaba no Pazo de Raxoi defendendo a República. Fora convocado polo presidente do Comité local da Fronte Popular, Fernando Barcia, para analizar a sublevación fascista. Don Paco concorreu en representación do Partido Galeguista. Entre os asistentes figuraban, Fernando Barcia polo Partido Socialista, Rafael Frade pola Unión Republicana, e Xermán Fernández por Esquerda Republicana. Este último exercía daquela o cargo de alcalde en funcións, debido a ausencia do titular Ánxel Casal. Tódolos membros que compuñan o Comité foron fusilados máis tarde, coa excepción de Del Riego. Traemos aquí o relato das horas posteriores porque é necesario recordar e tamén unha fotografía que recorda tempos de liberdade e galeguismo activo:
Carlos Méixome (investigador, docente e director do IEM) exporá o tema “As fosas de San Xián. Un modelo de exhumación”, no que será a achega desta casa na XVI Semana Galega de Historia. “Franquismo, Investigación Historiográfica e Memoria”. O congreso que terá lugar entre os días 29 de novembro ao 1 de decembro entre A Coruña e Oroso, está organizado pola Asociación Galega de Historiadores e o Instituto Galego de Historia.
A memoria permanece e no caso dos mártires de Sobredo, Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González convértese cada ano nunha chamada á xustiza social, e á defensa do medio ambiente e do agro galego. Este domingo 25 de novembro se fará unha homenaxe polos 90 anos do lutuoso suceso, ocorrido o 27 de novembro de 1922 neste lugar de Guillarei (Tui), no que os tres veciños da comarca morreron por defender a outro que se negaba a pagar os foros. As forzas da orde dispararon contra a concentración veciñal e caeron as tres vítimas.
“Na casa a veces comentáronme algo, mais coido que pasou fai moito tempo”. ” Non me creo que castigaran a xente por pertencer a outro partido político”. ” Eu nunca souben tal cousa”. Estes son algúns dos comentarios que alumnos do IES Ricardo Mella fixeron aos profesores ao contemplar a mostra “Atopados”, que dende principios de novembro está exposta no devandito centro.