A volta dos nove 2016 {youtube}ES-JIAXxDFM{/youtube}
Neste mes de outubro cúmprense 80 anos do asasinato dos veciños de Sabarís Ventura Pérez, Dolores Samuelle Álvarez e os irmáns Luís e José López Luís, “Os Ineses”, en mans da represión franquista na mañá do 13 de outubro de …
(un golpe) E a pouta de metal que estoupa tras dos ollos,
pouta que destrúe memoria, amor, desexo, vida.
(dous golpes) Pólvora, bala, pouta de metal que estoupa,
pouta que destrúe a imaxe amada, as voces infantís. {jathumbnail off}
Foi nos días tristísimos de dor e de miseria
en que sopraba un vento de loito rigoroso
e a animalia afiaba na tobeira coitelos
para os ollos dos orfos {jathumbnail off}
Como tódolos anos dende o 2005, tivo lugar unha homenaxe na Volta dos Nove organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e familiares das vítimas. Ao redor do monumento do escultor Fernando Casás, que lembra aos nove miñoranos asasinados en Baiona na madrugada do 15 de outubro de 1936 pola represión franquista, un centenar de persoas asistiron baixo unha intensa choiva, nun acto de “memoria e dignidade”, en palabras do historiador Carlos Méixome (IEM), quen fixo unha breve oratoria previa ás ofrendas florais.
O vindeiro domingo 14 de outubro, ás 13 horas, volveremos reunirnos en torno al monumento “Volta dos Nove”, na curva da Bombardeira (Baredo – Baiona). Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembraremos a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona – Camposancos. Como parte da conmemoración deste 76 cabodano, días atrás, familiares e membros do IEM replantaron 45 loureiros na zona do monumento, en substitución dos orixinais afectados polas inclemencias do tempo.
{youtube width=”250″ height=”200″}mRr7V0aUhhI{/youtube} Achegamos o vídeo da sinxela homenaxe aos nove veciños do Val Miñor asasinados en Baredo, na madrugada do 16 de outubro de 1936.
{youtube width=”250″ height=”200″}xQbpIzuWjNo{/youtube}
No 75 cabodano, nunha sinxela e sentida homenaxe foron recordados os nove veciños do Val Miñor asasinados na madrugada do 16 de outubro de 1936 no quilómetro 58 da estrada Pontevedra Camposancos. No mediodía do sábado 15, reunidos ao pé do monumento-homenaxe obra do escultor Fernando Casás, membros do Instituto de Estudos Miñoranos, a Comisión Volta dos Nove, familiares dos asasinados, concelleiros dos tres municipios do Val Miñor e veciñas e veciños da bisbarra, fixéronse presentes para acompañar a memoria das vítimas.
A Comisión de familiares “Volta dos Nove” e o Instituto de Estudos Miñoranos realizarán o próximo sábado 15 de outubro, ás 13h, unha ofrenda floral en memoria dos nove veciños do Val Miñor asasinados na noite daquela triste xornada de 1936.
Nunha sinxela e sentida homenaxe foron recordados os nove veciños do Val Miñor asasinados a madrugada do 16 de outubro de 1936 no quilómetro 58 da estrada Pontevedra Camposancos.