O obxectivo principal destes obradoiros é poñer en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra. Podedes atopar toda a información e as bases para participar na seguinte ligazón. telearqueoloxia.museo.depo.es
O Periódico de Atapuerca (editado polo equipo de investigación e a Fundación Atapuerca) publicou un artigo sobre os traballos arqueolóxicos que están a desenvolver dende hai tres anos o IEM en conxunto co CENIEH na conca baixa do Río Miño. Nomeadamente, o artigo asinado por Eduardo Méndez Quintas (IEM), Manuel Santonja (CENIEH) e mais Alfredo Pérez González (CENIEH), fai un resumo dos achados nas localidades de O Cabrón (Arbo) e Porto Maior (As Neves), na procura dun maior coñecemento do poboamento desta zona durante o Pleistoceno Medio.
Antecedentes
O xacemento paleolítico de Porto Maior (As Neves) foi descuberto a finais do ano 2005 polo experto en arqueoloxía Manuel Ledo, con motivo da realización de obras na zona. A importancia do depósito era palpable desde o primeiro intre, xa que nese momento era o único xacemento galego con varios niveis con ferramentas do Paleolítico Inferior no contexto dunha secuencia estratigráfica desenvolvida. Tendo en conta o interese deste depósito o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), baixo a dirección da arqueóloga Rosa Villar, realizou unha primeira intervención de limpeza que puxo de manifesto o tremendo interese científico do lugar.
A Sección Arqueolóxica do Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Arbo desenvolverán este sábado 4 de agosto unha nova xornada de divulgación do xacemento paleolítico localizado no paraxe O Cabrón. A mesma terá lugar ás 18 horas e consistirá nunha visita guiada pola Estación a cargo do equipo que está a traballar na zona dirixido por Eduardo Méndez.
A xornada de portas abertas no xacemento d’O Cabrón concentrou a atención de centos de visitantes que decidiron contemplar de primeira man as pegadas do home paleolítico máis antigas coñecidas en Galicia. Foron catro as percorridas guiadas polo xacemento a tal fin máis unha conferencia no Museo ARABO de Arbo, todas elas a cargo de Eduardo Méndez Quintas da Sección arqueolóxica do IEM. Como ven sendo habitual en todas as campañas desenvolvidas na estación a prensa estivo presente para rexistrarllo. Compartirmos o informe da RTVG.
O xacemento arqueolóxico paleolítico d’O Cabrón (concello de Arbo,) un complexo de máis de 300 mil de antigüidade, será aberto novamente ao público este sábado 28 de xullo. O equipo arqueolóxico dirixido por Eduardo Méndez (IEM) recibirá aos visitantes para dous percorridos guiados pola estación, o primeiro ás 11 horas e outro pola tarde ás 18:30 horas. Posteriormente, ás 20 horas, terá lugar unha conferencia onde se presentarán os resultados das pescudas e unha demostración da elaboración e uso das ferramentas paleolíticas, no Museo ARABO de Arbo.
-Inclúe vídeo co coloquio do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre “Escenas de caza na arte rupestre galega”.
O xacemento arqueolóxico paleolítico d’O Cabrón (concello de Arbo,) un complexo duns 300 mil a 500 mil anos de antigüidade, será aberto ao público este sábado 21 de xullo. Os visitantes poderán asistir no horario das 11:00h e ás 18.30h, para participar dun percorrido guiado polo equipo do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) que está a desenvolver a súa 3ª tempada de traballos nesa estación arqueolóxica.
Por terceiro ano consecutivo inícianse traballos arqueolóxicos no xacemento do Paleolítico Antigo d’O Cabrón (Concello de Arbo). Este xacemento é o máis antigo dos coñecidos en Galicia, podéndose remontar máis aló dos 300.000 anos de antigüidade, e o que presenta unhas mellores condicións de conservación. Durante uns 10 días, un grupo de arqueólogos colaboradores da sección de Etnografía e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), baixo a dirección de Eduardo Méndez Quintas, realizarán traballos de escavación nos diferentes niveis de ocupación deste xacemento.
Continúan os traballos de captación de replicas dixitais en 3D dos petróglifos do Val Miñor que poderán ser arquivadas e reproducida ad infinitum cunha precisión micrométrica. Esta verdadeira achega tecnolóxica – científica posibilitará aos investigadores pescudar coas vantaxes da tecnoloxía 3D: hologramas a tamaño real, proxección en pantallas multitáctiles, reprodución das pezas en diversos materiais, etc.