Xa comezaron os traballos arqueolóxicos na estación arqueolóxica de O Cabrón, no Concello de Arbo. Entre as viñas que dominan a paisaxe, o primeiro “choio” foi limpar o eido onde comezará a escavación para descubrir os perfiles que permitirán analizar a estratigrafía do lugar.
O Departamento de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos comeza mañá as escavacións en O Cabrón, Concello de Arbo. O depósito contén un tesouro arqueolóxico de 150.000 anos que moi probablemente permitirá acceder aos restos tal cal o deixaron aqueles antigos habitantes de Galicia, dada as condicións xeolóxicas da zona.
Dende os inicios do IEM a Sección de Arqueoloxía, coordinada polos arqueólogos Eduardo Méndez Quintas, especialista en Paleolítico, e Xosé Lois Vilar, especialista en Arte Rupestre, desenvolve unha intensa actividade no Val Miñor e alén da bisbarra. Ademais das pescudas …
Última conferencia do ciclo de Arqueoloxía “Pedro Díaz” impartida polo director da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos, Eduardo Méndez Quintas