O vindeiro venres 4 de agosto gozaremos doutra nova xeira, esta vez polo concello de Nigrán, dentro do programa Xeiras do verán 2017 do IEM, e coa colaboración deste concello, “Talasonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro”. O punto de …
Galicia ten próximo aos 2.5 millóns de topónimos, lugares do seu territorio que contan cun nome propio. Un patrimonio xurdido durante séculos da necesidade de identificar os espazos xeográficos e que có tempo constituíron unha sinal básica de identidade para os seus poboadores. Non só as cidades e vilas están nomeadas no país (macrotoponimia) , tamén os montes, regatos, chans, leiras e ata as pedras foron “bautizadas” (microtoponimia), co fin de sinalizar puntos do territorio. Nembargante, este tesouro patrimonial está a piques de perderse por mor do esquecemento e o agromar das novas tecnoloxías de localización.
O Instituto de Estudos Miñoranos participou no XXIV CONGRESO INTERNACIONAL DE ICOS SOBRE CIENCIAS ONOMÁSTICAS celebrado en Barcelona entre o 5 e o 9 de setembro de 2011. O tema deste congreso foi OS NOMES NA VIDA COTIÁ onde máis de 550 expoñentes chegados de todo o mundo puxeron na palestra os últimos avances desta disciplina. Na sección 6 de toponomástica Xosé Lois Vilar Pedreira (IEM) presentou o venres día 9 pola mañá, unha comunicación sobre A talasonimia galega na que explicara o que abrangue a talasonimia, a súa transmisión polas fontes documentais e sobre todo a transmisión oral e a necesidade da recollida de boca de argaceiras, percebeiros/as, mariscadores/as e mariñeiros, traballo no que é pioneiro o Instituto de Estudos Miñoranos ó redor do que realizou publicacións, exposicións, traballos didácticos, visitas guiadas e colaboracións en xuntanzas, congresos, etc.