A pasada fin de semana tivo lugar na Póvoa de Varzim (Portugal) o 1º Encontro de Embarcações Tradicionais, organizado con motivo do 20 aniversario da construción da lancha poveira Fé em Deus. A lancha é coñecida de todos por ser asidua participante en moitos do eventos organizados en Galicia nestes 20 anos. O Instituto de Estudos Miñoranos estivo presenta a través dunha delegación da Sección Marítima. Unha dorna polbeira foi a representante miñorana, a que integrou a flota de embarcacións tradicionais que levou a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
{rokbox title=|Tercera Mostra dasTradicions Mariñeiras| thumb=|images/stories/maritima/capa-mostra-a-guarda.jpg |size=|854 505| album=|demo|}http://www.youtube.com/watch?v=6N03f1Yraq0{/rokbox} A sección marítima do Instituto de Estudos Miñoranos participou da 3ª Mostra das Tradicións Mariñeiras celebrada no Concello da Guarda os pasados 30 e 31 de xullo de 2011. A escolma …
{rokbox title=|Mostra Mariñeira de A Guarda| size=|250 177|}images/stories/maritima/mostra-marieira-a-guarda.jpg{/rokbox} A participación da Seccións Marítima do IEM na 3ª Mostra das tradicións mariñeiras desenvolvida no concello da Guarda deixounos unha dobre gratificación: o feito de divulgar e compartir a tradición mariñeira do Val Miñor con turistas e guardeses e por outra banda, a posibilidade de xuntar nunha fin de semana ao equipo de compañeiros que integran esta sección do IEM nunha actividade conxunta.
A Sección Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) anuncia a presentación da III Mostra das tradicións mariñeiras o vindeiro venres 22 de xullo nun acto que terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura do concello da Guarda. O programa do día anuncia unha charla da filóloga Marta Dacosta sobre “O traballo da muller no mar” e a posteriori o pase do documental “Un mar de mulleres” dirixido por Paula Pérez González. No acto intervirán Helena Herbello do Grupo de Acción Costeira (GAC) de Vigo – A Guarda e José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda.
A Campaña de Verán 2011 do Ministerio de Fomento está centrada na difusión de información útil -consellos básicos de actuación e normativas de seguridade- e diríxese principalmente aos tripulantes das embarcacións de recreo. Unha flota que aumenta en número, de forma considerable, durante os meses de verán, pola presenza nas nosas augas de embarcacións de recreo de bandeira estranxeira. Tamén se dirixe aos miles de cidadáns que practican deportes e actividades náuticas.
O X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia rematou cun gran éxito de público e participantes, os que dende todas as rexións da península asistiron a este evento organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. O IEM que participou a través da súa Sección Marítima estivo presente nos distintos actos e actividades desenvolvidos entre os días 30 de xuño ao 3 de xullo. Como non podía ser doutra maneira, ás senlleiras gamelas miñoranas achegáronse ao porto de Carril (Concello de Vilagarcía), onde estiveron expostas ao público.
“O señor Daniel Pazó Vila foi un conveciño noso que naceu o 19 de xuño de 1914 no barrio de Tarela da parroquia de Nigrán no concello do mesmo nome, e que inventou, entre outros, os casulos para carnada das nasas de polbo, que actualmente son usados, en practicamente todas as nasas polos nosos mariñeiros da pesca de baixura.” Así comeza o artigo “Daniel Pazó Vila. Rendido, desarmado, pero nunca vencido” escrito por José Manuel Rodríguez Crespo, director da Sección Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos e publicado no Nº6 da Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial ARDENTÍA.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana inaugurou hoxe X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra en Carril, Vilagarcía, dende hoxe ata o 3 de xullo. No acto tamén participaron a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro. O Encontro está organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), da que forma parte o Instituto de Estudos Miñoranos.
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial informa que xa arribaron as primeiras dornas que participarán no X Encontro de Embarcacións Tradicionais Galegas, no que participa o IEM a través da súa Sección Marítima. Por outra banda, este mércores 29 inaugurouse a exposición Berros no roncar das ondas ás 19:00 h na rúa do Carmo. Esta exposición consiste en imaxes do fotógrafo Xacobe Meléndrez Fassbender que ilustran fragmentos da poesía de Bernardino Graña, un dos poetas do mar galego máis salientable.
A vila mariñeira de Carril (Vilagarcía de Arousa), será a sede do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se desenvolverá entre o 30 de xuño e o 3 de xullo de 2011.