O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar, convoca o XII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 3000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. Rexerase polas seguintes BASES: 1. Os traballos presentados deberán …
O Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, e o Concello de Gondomar convocan o XI Premio de poesía Victoriano Taibo
Ponse en marcha a convocatoria do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo por medio da publicación das seguintes bases.
BASES
O IEM, Instituto de Estudos Miñoráns, en colaboración co Concello de Gondomar convoca o XI Premio de Poesía Victoriano Taibo. O premio, dotado con 3000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo, rexerase polas seguintes bases:
1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións e estarán escritos en lingua galega, de acordo coa normativa aprobada pola Real Academia Galega en 2003.
2. Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos, que constitúan un conxunto.
3. De cada obra presentarase orixinal e catro fotocopias. Os autores ou autoras concursarán polo sistema de plica. Os traballos faranse chegar por correo ao seguinte enderezo: Apartado 30 36 380 Gondomar Pontevedra
4. Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado, período durante o cal poderán ser recollidos no local do IEM en Gondomar, trnascorrido ese prazo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.
X PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO
Por décimo ano consecutivo, o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, comprácese en convocar unha nova edición do premio de poesía que pretende honrar a figura de Victoriano Taibo, poeta das Irmandades da Fala, mestre galeguista, creador de ducias de artigos sobre a lingua e sobre feitos e personaxes galegos, narrador, membro da Real Academia Galega e do Instituto Histórico do Minho, persoeiro, en fin, de méritos acreditados e fondamente comprometido coa lingua e a cultura galegas.
O premio instituíuse no ano 2008 co mecenado inicial da Entidade Local Menor de Morgadáns que, en 20015, a través do novo equipo de goberno resultante das últimas eleccións, eliminou unilateralmente o compromiso adquirido, e a continuidade do premio quedou garantida polo concello de Gondomar, que asumiu o mecenado a partir dese momento. Dende aquela data inicial o acervo literario galego incrementouse con 10 novos poemarios de 11 autores diversos que acadaron sempre críticas favorables.
O Instituto de Estudos Miñoráns está a desenvolver unha campaña para conseguir un Día das Letras Galegas para Victoriano Taibo, e nela insírese o inicio do blog que hoxe presentamos titulado, con esta intención, UN DÍA PARA TAIBO, no que iremos publicando todo tipo de documentos relacionados coas actividades que arredor da súa figura se realizasen nalgún momento pasado ou vaian realizarse no futuro. O acceso é a través do enlace existente na barra superior da páxina de Inicio:
Queremos animarvos a seguir os seus pasos e a participar, se vos apetece, achegando novas e opinións de interese para o fin que perseguimos. E queremos, tamén, someter á vosa consideración un resumo dos merecementos que adornan o noso persoeiro e que expomos a continuación:
Nacido en 1885 no seo dunha familia humilde do santiagués barrio da Algalia, Victoriano Taibo estivo dende moi novo nos principais movementos culturais e galeguistas do primeiro terzo do pasado século; este mozo comprometido participou xa activamente, seguindo o seu admirado mestre Vicente Fraiz, director da
VIDEO DO ACTO
https://app.box.com/s/mk4dnkrtsyxjzv3nsaiej6ff7getgq3x
INTERVENCIÓN DE ALONSO MONTERO
https://app.box.com/s/5hvi76bt20r9st8tssko07lkf6rxvzta
https://app.box.com/s/amtsgbyetq50lzq0sxgm1rbrxa400z6e
ENLACE PERIÓDICO DIXITAL
http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=49372
O pasado sábado 10 de decembro o auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar acolleu o acto de entrega da 9ª edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo cunha audiencia ben numerosa que se deixou engaiolar pola maxia irresistible dun escenario repleto de calidade literaria, calidade oratoria, calidade dramática e exquisita sensibilidade. A clave do éxito que, sen dúbida, acompañou o desenvolvemento deste evento estivo, sobre todo, na afortunada conxunción de catro extraordinarios representantes do mundo cultural: Marta Dacosta, directora do acto, que foi introducindo todos os intervenientes coa axilidade e dinamismo que a
PRESENTACIÓN DE CONTOS PEQUENOS
O vindeiro xoves día 10 de novembro, ás 20:00 horas, organizado polo Ateneo, terá lugar na Casa das Campás de Pontevedra o acto de presentación do volume titulado Contos pequenos, un manuscrito inédito de Victoriano Taibo, consistente en oito contos, que o Instituto de Estudos Miñoráns acaba de sacar do prelo. No acto, presentado por Miguel Anxo Mouriño, participarán Xesús Alonso Montero, Camiño Noia Campos e Gonzalo Navaza Blanco, autores de senllos artigos que tratan diversos aspectos do texto.
OS CONTOS PEQUENOS No ano 1955 o doutor Antón Beiras García, oftalmólogo de gran prestixio internacional, recibiu un entrañable agasallo: un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que Victoriano Taibo lle dera forma literaria. O doutor, totalmente comprometido …
OS CONTOS PEQUENOS No ano 1955 o doutor Antón Beiras García, oftalmólogo de gran prestixio internacional, recibiu un entrañable agasallo: un volume manuscrito que contiña oito contos populares aos que Victoriano Taibo lle dera forma literaria. O doutor, totalmente comprometido …
O xurado do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Gonzalo Navaza, Marta Dacosta, Iñaki Varela e Miguel Anxo Mouriño, acaba de acadar o acordo de concederlle o galardón ao poeta fisterrán de Cee Xosé Iglesias Lamela polo poemario titulado A relixión do mar. Trátase dun libro que, sen abandonar a linguaxe poética, constitúe un auténtico tratado sobre a vida en e relacionada co mar. Desfilan por estas páxinas aparellos, artes de pesca, coñecementos de navegación, embarcacións, carpintería de ribeira, lugares, sucesos e un grande
IX Premio de Poesía Victoriano Taibo A novena edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo enceta unha nova etapa deste importante certame ao estar agora integramente patrocinado polo Concello de Gondomar e ter a súa sede oficial na vila …