O vindeiro sábado día 11 de decembro, nos locais da Escola de Guillufe (Morgadáns) terá lugar a entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Arroupada por varias e variadas intervencións, Mª Goretti Fariña recibirá de mans do presidente da Entidade Local de Morgadáns o cheque de 3000€ co que está dotado o premio; de mans do artista Fino Lorenzo, a escultura conmemorativa deste evento; e, ademais, terá nas súas mans exemplares do libro publicado polo IEM Devastacións dispoñibles, a súa obra gañadora do devandito certame.
Gañadora: Mª GORETTI FARIÑA CAAMAÑO coa obra Devastacións dispoñibles
{youtube width=”200″ height=”160″}dPxsXzRpmMY{/youtube}
No día de onte, 9 de setembro de 2010, o Xurado da Terceira Edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo, instituído pola Entidade Local de Morgadáns (Gondomar) e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), e integrado por:
Gonzalo Navaza Blanco, profesor e escritor, membro do IEM
Marta Dacosta Alonso, poeta e profesora, membro do IEM
Elvira Riveiro Tobío, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio
Mª Carmen Caramés Gorgal, poeta e cogañadora da segunda edición deste premio
Araceli Gonda Cabreira, xornalista e guionista
{youtube width=”200″ height=”160″}BpzPP0XlxCg{/youtube}
O xurado do III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns reuniuse o pasado 4 de setembro de 2010 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 43, se presentaron nesta convocatoria.
Rematou o prazo para a entrega de orixinais no III Premio Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Co mesmo éxito que nas pasadas edicións rematou a recepción de orixinais para o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e tres obras, cifra similar á da primeira e segunda convocatoria. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nesta páxina e nos medios de comunicación.
O próximo 30 de xullo de 2010 remata o prazo de presentación de orixinais para o
III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo Apartado 30, 36380, Gondomar, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos.
O próximo 30 de xullo de 2010 remata o prazo de presentación de orixinais para oIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III …
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o III Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns ao que poderá concorrer calquera autor que envíe, antes do 30 de xullo próximo, ao enderezo *Apartado 30, 36380, Gondomar*, un libro de poemas escritos en galego cunha extensión mínima de 300 versos. O premio está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo, creada especialmente para este certame, e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM; o galardón será entregado nun acto cultural que se celebrará no edificio das Escolas de Guillufe (Morgadáns) na 2ª semana de novembro.