CONVOCATORIA ANO 2016
A oitava convocatoria deste certame poético pasou serias dificultades de supervivencia ao decidir a patrocinadora, Entidade Local de Morgadáns, romper o convenio que regulaba a colaboración sen a denuncia previa contractual.
CONVOCATORIA ANO 2016
A oitava convocatoria deste certame poético pasou serias dificultades de supervivencia ao decidir a patrocinadora, Entidade Local de Morgadáns, romper o convenio que regulaba a colaboración sen a denuncia previa contractual.
Contos pequenos para saír do abicedo
Armando Requeixo
Victoriano Taibo naceu na cerna do país, foi durame desa terra na que medrou cando neno, aprendendo da xente nosa os xeitos e os dicires, os contos e os cantos que oíu dende cativiño na fonda que os seus pais rexentaban na Algalia compostelá.
Por iso, cando chegou a mozo quixo estudar para ser ensinante e devolverlle ao pobo todo o que fora e ía del asimilando. E cando principiou a se atrever a dar a coñecer os primeiros escritos, afirmou o seu sentir sen dubitacións declarándose “un rexionalista de toda a vida e case fanático”.
Publicado o 13 Marzo 2016 por Armando Requeixo
Tal día coma hoxe, hai exactamente medio século, finaba na súa vivenda de Palencia 37, no vigués barrio de Lavadores, o compostelán Victoriano Taibo.
Os seus oitenta anos de vida déronlle para se converter nun dos poetas máis representativos das Irmandades da Fala, das que este ano celebramos o centenario e das que foi o seu secretario en Compostela. Poemarios como Abrente (1922) e Da vella roseira (1925) dan fe disto. Mais Taibo foi tamén un importante membro do Seminario de Estudos Galegos (no que ingresou en 1926) e do Instituto Histórico do Minho (do que pasou formar parte en 1930).
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
Hai moito desacougo en ‘O caderno amarelo’, o libro coa que Lara Rozados gañou o Premio de Poesía Victoriano Taibo. E ten que ver co desemprego e coa precariedade laboral, con non saber de que se vai vivir os próximos meses. Síntoma dun tempo no que a opresión se exerce, outra vez, desta e doutras moitas maneiras como a represión da disidencia. Contra iso revóltase ‘O caderno amarelo’. Que é tamén, di a súa autora, irmandade fronte á barbarie. Procura do colectivo fronte á neoliberalización das vidas.
Trazar certos paralelismos entre a obra de Victoriano Taibo e O caderno amarelo que gañou a recente edición do certame poético de Morgadáns é inevitable. O mestre tecía o seu universo poético sobre follas de papel que reciclaba de vellos almanaques, restos do envoltorio da compra ou calquera anaco daquel material. Témolo visto. A paga que recibía o mestre na primeira metade do século XX obrigábao a estas economías, seguramente tamén o inspiraban. A obra de Lara Rozados, case un século despois das primeiras poesías de Victoriano, tamén foi escrita sobre follas dun caderno obsequiado, e por mans condicionadas pola precariedade do desemprego e a falla de horizontes á que está sometida boa parte da mocidade do país.
Con O caderno amarelo, é un libro “que pode lerse como unha radiografía xeracional” sinala a acta do xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns, que escolleu este poemario da xornalista Lara Rozados como gañador do certame. Engade que a través deste discurso poético “vemos debullar ante nós os principais desafíos no social e no íntimo da mocidade galega contemporánea”. O libro será presentado este sábado 15 de novembro ás 19:30 horas na Escola de Guillufe (Morgadáns), no acto cultural que dará marco á sétima entrega consecutiva do premio.
Como todos os anos nestas datas temos o pracer de informar que celebraremos a VII entrega consecutiva do Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Galardón que este ano correspondeu por decisión do xurado á escritora Lara Rozados Lorenzo pola obra O caderno amarelo. O acto, como sempre coordinado e deseñado coidadosamente polo noso compañeiro Miguel Anxo Mouriño, terá lugar como é tradición na Escola de Guillufe (onde exercera a docencia o mestre Victoriano Taibo), o vindeiro sábado 15 de novembro a partir das 19:30 horas.
O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano – Entidade Local de Morgadáns acordou declarar gañador da convocatoria deste ano o poemario O caderno amarelo, da que é autora Lara Rozados Lorenzo.
O premio, dotado con 3000 €, escultura conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e publicación do libro polo Instituto de Estudos Miñoranos na colección Victoriano Taibo, será entregado no transcurso dun acto cultural que se celebrará na Escola de Guillufe de Morgadáns, sede do Premio, no mes de novembro.
Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do reality show e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.