O vindeiro 7 de abril ás 20:30h na sede do IEM terá lugar a presentación do material didáctico “Xogos do Mundo” ( Kapla, Makedo, billares, xogos de mesa…) por Cedric Bouchard impulsor do proxecto A casa dos xogos, e actualmente do proxecto ARTLUDIC.
Este xoves remataron as xornadas ” A arte rupestre como recurso didáctico” realizado a través dun convenio de colaboración entre o IEM ( Instituto de Estudos Miñoranos) e CFR de Vigo ( Centro de Formación e Recursos de profesorado). Baseadas estas xornadas nun proxecto de desenvolvemento realizado a través dun proxecto intercentros ” A arte rupestre e a súa aplicación na aula” no CEIP de Barrantes, Ceip Humberto Juanes, CEIP da CRUZ e Centro Juan María.
Máis de 70 alumnos de 6º dos colexios de Tomiño CEIP Pedro Caselles Beltrán, CEIP de Barrantes e CEIP de Tebra, visitaron o petróglifo “As Portaxes”, no ecoparque Monte Tetón. Coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM), os cativos contemplaron -moitos deles por primeira vez- a rocha con gravados de círculos concéntricos máis grande da arte rupestre coñecida. A visita fíxose no marco das xornadas “Por fin Turonia de 6º”, organizada polos equipos docentes dos devanditos institutos de Tomiño.
Na tarefa de conservar e divulgar o patrimonio material e inmaterial da bisbarra, os proxectos pedagóxicos ocupan un lugar central. Nese senso, o IEM desenvolve diversos traballos cara aos centros de ensino e o público en xeral. Os mesmos, na súa maioría son froito das pescudas e intervencións das distintas Seccións que conforman o instituto.A localización e descarga dos mesmos se pode facer picando nos cadros temáticos situados aquí debaixo. O seu uso e divulgación son libres, có único requisito de mencionar as fontes.