O vindeiro venres 17 de xuño, ás 8:30 da tarde, na sede do IEM –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar-, nun acto aberto a quen desexe asistir, Antonio Soliño Troncoso, arquitecto e membro da xunta de goberno do IEM, presentará un libro de viaxe por terras de León e Castela escrito baixo o pseudónimo X Mourisca. O libro, que abrangue personaxes, paisaxes, historia, historias, gastronomía e lendas dos territorios atravesados mesturadas con diferentes vivencias dos compoñentes da viaxe, ten como fío condutor a don Diego Sarmiento de Acuña (1567-1626), I conde de Gondomar.