Streaming ofrecido por K12 comunicación O Instituto de Estudos Miñoráns convida aos interesados a asistiren este venres día 13 de xaneiro ás 20:00h ao primeiro faladoiro do ciclo no que intervirá a voceira parlamentaria do grupo político con representación no …
Dende A Coruña veu Xurxo Souto que nos regalou o seu tempo nunha TERTULIA que puido xirar ó redor da música galega, ou sobre o mundo da radio pero decidiu que versase sobre o mar, das nosas mil ribeiras presentando o seu último libro Contos do mar de Irlanda editado por Xerais neste 2014 e que xa vai pola terceira edición.
Xurxo mantén a tese de que nós os terrícolas vivimos de costas ó mar. O mar da pesca de baixura pero tamén ós mares galegos de Terranova, O Gran Sol, África, As Malvinas, O Índico, …
O discurso centrouse nos mares de Irlanda con alusións á pesca do bacallau en Terranova. E cantamos guiados pola voz e o acordeón do artista:
A presenza no país de boa materia prima na terra e no mar, así como xente cualificada para tratala foron as bases que fixeron posible o proxecto Benboa de Currubedo. Así o salientou un dos seu fornecedores, o empresario Rubén Brión na presentación deste complexo pioneiro que conxuga un mercado tradicional, cun espazo de restauración, cetaria e máis unha tenda de pratos preparados a domicilio. Levou máis de oito anos o seu desenvolvemento entre trámites burocráticos e o período de investigación necesario para obter os produtos finais coa calidade óptima.
A estratexia comercial elixida foi a da venta directa no local, telefonicamente ou a través de Internet. Isto, asegura Brión, permítelles manter prezos razoables ao evitar intermediarios. De momento os produtos de Benboa non se comercializan noutras tendas, aínda iso, Brión asegura que a demanda é suficiente para manter “no aire” aos 17 traballadores que na actualidade encárganse do funcionamento do complexo.
-No interior vídeo co faladoiro de Antón Masa Vázquez na TERTULIA do IEM.
“Sen ánimo de sentar cátedra de nada”, o profesor Justo Beramendi deixou a súa pegada na tardiña do Val Miñor cunha análise detida do presente e futuro próximo da Galiza. Tres grandes desafíos: o devalo demográfico, as carencias estruturais da economía e as fallas do sistema político do país; centraron o coloquio que deu apertura á 13ª tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM.
Como anunciábamos en nota anterior o vindeiro venres 25 de outubro ás 20:30 horas compartiremos unha TERTULIA do IEM co historiador Justo Beramendi (Madrid, 1941). Aínda que madrileño de orixe, Beramendi forma parte dende hai catro décadas, do movemento intelectual dedicado á dinamización cultural así como á investigación histórica de Galicia. O seu traballo abrangue un amplo espectro de temáticas especialmente relacionadas co nacionalismo, corrente coa que se identifica e a cal entregou boa parte dos seus estudos e obra bibliográfica. Actualmente xubilado, desenvolveu unha prolífica carreira como docente e catedrático na Universidade de Santiago de Compostela. No encontro do venres teremos a posibilidade de escoitar e dialogar co convidado sobre interesantes aspectos da súa traxectoria.
O pasado 1 de marzo, o biólogo César Lema (especializado en agricultura e permacultura) e máis Roberto Álvarez (Facenda O Agro) analizaron a realidade da agricultura ecolóxica así como as súas perspectivas a partir das experiencias desenvolvidas por ambos os dous en diversos emprendementos agro-gandeiros.