O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 9 de febreiro ás 20:30h, ao segundo faladoiro de anticipación do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que intervirán Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal na presentación do …
XIII XEIRA ALÉN MIÑOR, OURENSE SUEVO E CISTERCIENSE. 24 DE FEBREIRO 2018
In tempore sueborum
A pesares de estar pouco máis de un século e medio na Gallaecia, os Suevos deixaron unha pegada cultural e política no territorio. O seu estado foi un dos máis antigos de Europa. O declive e a deriva dun esgotado imperio romano foi propicio para que este e outros grupos étnicos, fortemente influenciados polos latinos, os cales admiraban, colleran o relevo e a supremacía no mapa político de Europa.
Estes pobos bárbaros non eran grupos sociais illados, vivían nun contexto de simbiose e mestura con outros (visigodos, alanos, vándalos e incluso romanos). Co tempo, os visigodos acabaron por absorber os demais, coa forza da súa influenza cultural e comercial, os seus costumes e o desgaste polas loitas de poder dentro dos propios clans e familias suevas.
No seu rexistro e catalogación arqueolóxica en Galicia (sobre todo Ourense e Lugo), e debido a influenza e vínculo co cristianismo e a romanización previa, atopamos elementos culturais e ritos funerarios, enxovais de distintos niveis sociais e sartegos de pedra, algúns deles con retoques sinxelos e modestos. Incluso moedas coa acuñación de diferentes reis suevos.
As estruturas de poboamento e os patróns de asentamento case non mudaron respecto o que xa existía (castros, núcleos urbanos e vilas), en moitos casos debido a que o romanos deixaron unhas infraestruturas moi axeitadas e cun grado alto grado de modernidade e previsión.
Santa María de Xunqueira de Espadañedo.
A súa existencia está demostrada documentalmente desde o ano 1174. O rei Fernando II estableceu definitivamente a área da súa xurisdición, e hoxe en día son eses mesmos límites os que marcan o municipio de Xunqueira.
En canto á distribución de espazos, este monumento divídese en dous partes. En primeiro lugar, a igrexa, levantada durante a Idade Media. En segundo lugar, o mosteiro, o claustro e o mobiliario litúrxico, de épocas máis modernas.
A partir do vindeiro domingo 14 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten …
https://drive.google.com/file/d/1Pe10jR08njICR3FCPYCnGIaZlyJEhQxI/view?usp=sharing Venres 15 de decembro de 2017 presentamos en Chandebrito, no Colexio Estudio, o videoclip “E veu o lume”, gravado polo grupo Cantares do Brueiro e Tino Baz na Madanela das Eiras (O Rosal), na Serra do Galiñeiro (Vincios) e …
O Instituto de Estudos Miñoráns comprácese en convidarvos o vindeiro xoves 21 de decembro á celebración do Día do socio e socia, no que terá lugar un convivio que espera contar coa vosa presenza na Aula de Cultura Ponte de …
O Instituto de Estudos Miñoráns ofrecerá o vindeiro mércores 22 de novembro ás 20:00h, o faladoiro “A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar” que Adriana Nogueira Gassent, oceanógrafa, continuará dentro do ciclo Presenza das mulleres. Será presentada por Xosé …
O vindeiro venres 17 de novembro ás 20:00h, o Instituto de Estudos Miñoráns dará comezo a un ciclo de faladoiros que terá como fío condutor a presenza da muller na sociedade. O acto terá lugar na sede do IEM, na …
O xurado do X Premio de Poesía Victoriano Taibo, formado polos profesores e escritores Xulián Maure, Iria Misa, Gonzalo Navaza, Xosé Iglesias Lamela e Marta Dacosta acordou concederlle o galardón ao poeta de Cee Rafa Vilar polo poemario titulado Erosións. …
O Instituto de Estudos Miñoráns, no fío de “Nigrán a través da Memoria”, ofrecerá mañá martes ás 20:00 horas no Auditorio Municipal deste concello, un repertorio de cinco pezas interpretado pola violonchelista Margarida Mariño, que acompañará a lectura de …