Como ben sabedes no pasado mes de outubro o Instituto de Estudos Miñoranos cumpriu dez anos de andaina e troupeleo polo Val de Miñor e polo país adiante. Dez anos de reunións e proxectos, de entrevistas solicitando recursos, un local, …
Como ben sabedes no pasado mes de outubro o Instituto de Estudos Miñoranos cumpriu dez anos de andaina e troupeleo polo Val de Miñor e polo país adiante. Dez anos de reunións e proxectos, de entrevistas solicitando recursos, un local, apoio institucional,… para divulgar e impulsar a cultura e o patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico… dos tres concellos do Val de Miñor, para promover a realización e publicación de estudos, para fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio miñorano, fondamente inmersos, dende unha perspectiva humanista e universalista, na defensa e promoción da nosa identidade, do noso idioma e da nosa cultura.
O Instituto de Estudos Miñoranos cumpre 10 anos
O 27 de outubro de 1999 constituíse o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). Naquela altura fixábase como obxectivos:
- Divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ao patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc. dos tres concellos do Val Miñor.
- Promover a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados
- Impulsar calquera actividade encamiñada á divulgación destes aspectos
- Fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico