Audición de música sacra na Igrexa de Santiago de Parada.
O próximo venres 18 de novembro ás 20:30h na Igrexa de SANTIAGO DE PARADA, o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración cos ESCENARIOS MUSICALES dirixido por Manuel López-Benito organiza unha audición de Música Sacra na que se pretende xuntar a divulgación da música clásica coa emoción de escoitala en espazos de relevo histórico.
Podes consultar o programa de man aqui
Etiqueta:ciclo Escenarios musicales, música sacra