Cabana de Balieiros
{youtube width=”250″ height=”200″}uw3mrMK-Y2w{/youtube}
Presentouse Cabana de Balieiros, unha Banda Debuxada do autor Tokio (Alfredo López Fernández), na Aula de Cultura Ponte de Rosas. A obra nos achega ao enfrontamento entre costumes sociais e relixiosos, aferrados á tradición popular e aos mitos ancestrais, simbolizados na vida dunha daquelas vilas mariñeiras. A presentación do libro estivo a cargo do humorista gráfico Pepe Carreiro quen salientou a converxencia de técnicas de debuxo “expresionista”, descritivo e analítico do autor, ademais dunha historia onde se mestura a acción, cos paisaxes propios da vida cotiá dunha vila mariñeira galega. Pola súa banda, Tokio informou que a súa historia levaba case quince anos dando voltas ata que hai dous anos a Editorial Demo animoullo a publicarlla.
Etiqueta:tokio