Carteleira do Ciclo de Cine: “Lois Tobío na República de Weimar”
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo, organizan o ciclo de cinema “LOIS TOBÍO NA REPÚBLICA DE WEIMAR”.
Durante o curso académico 1929-1930 Lois Tobío estivo en Berlín cunha bolsa de ampliación de estudos, esa estancia dará pé a algunhas das páxinas do seu brillante libro de memorias As década de T.L., publicado en 1994. O que anos máis tarde sería o principal estudoso da figura de don Diego Sarmiento de Acuña, Iº Conde de Gondomar, deixou as súas impresión sobre o Berlín de entreguerras que será a temática a que se achega este ciclo.
As películas en Versión Orixinal con subtítulos en galego serán proxectadas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) sede do Instituto de Estudos Miñoranos, segundo o seguinte calendario:
Xoves, 17 de marzo.- Der Blaue Engel (O anxo azul), 1930, 109´ de Josef von Ternberg con Marlene Dietric
Xoves, 24 de marzo.- Die Symphonie der Großstadt ( Berlín, sinfonía dunha gran cidade ) 1927, 62 min de Walter Ruttman
Xoves, 31 de marzo.- Emil und die Detektive (Emilio e os detectives) 1931, 75´ de Gerhard Lamperecht
Xoves, 7 de abril.- Cabaret, 1972, 128´ de Bob Fosse con Liza Minelli
As proxeccións serán ás 20:00h. Pregase puntualidade.
Poden consultar o políptico co programa e documentación diversa así como un .pdf coas páxinas de As décadas de T.L. dedicadas a estanza en Berlín
Etiqueta:lois tobio na república de weimar