Carteleira do ciclo: Mulleres na Historia
O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val Miñor “Area Loura” organizan o ciclo de actividades Mulleres na Historia que se desenvolverá ao longo de todo o mes de marzo segundo o seguinte calendario:
• Xoves 1º de marzo, 20:00h. proxección do film Prohibido recordar – Cárcere de Saturrarán (1937 – 1944) dirixido por Txaber Larreateg e Josu Martinez.
Participan: Txaber Larreategi e Gabriel Reigosa Centelles (bisneto da presa Urania Mella).
Presenta: Tereixa Otero da Costa
• Venres 9 de marzo, 20:30h. Dentro do ciclo das TERTULIAS do IEM, Aurora Marco falará de “Mulleres na guerrilla antifranquista galega”
Presenta: Pilar Barreiro
• Xoves 15 de marzo, 20:00h. presentación da novela Laura no deserto por parte do seu autor Antón Rivero Coello
Presenta: María Luisa Varela
• Mércores 21 de marzo ás 20:30h. Presentación da serie de libros Historia das Mulleres en Galicia
• Historia das Mulleres. Prehistoria. Idade Antiga de Mar Llinares
• Id. Idade Media. Carmen Pallarés Méndez
• Id. Idade Moderna de Ofelia Rey Castelao e Serrana Ríal García
• Id. Idade Contemporánea de Herminia Pernas Oroza
coa presenza dalgunha das autoras entre elas Ofelia Rey Castelao
Presenta: Milagres Chapela Iglesias
Etiqueta:Ciclo Mulleres na Historia