Ciclo de Cine: “Lois Tobío na República de Weimar”
O próximo xoves 17 de marzo ás 20h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas dará comezo o ciclo de cinema “LOIS TOBÍO NA REPÚBLICA DE WEIMAR”.
O ciclo está organizado polo IEM e a Fundación Vicente Risco coa colaboración de Goethe Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo.
As películas proxectaranse en V.O. con subtítulos en galego
O calendario será o seguinte:
Xoves, 17 de marzo.- Der blaue Engel (O anxo azul), 1930, 109´ de Josef von Sternberg con Marlene Dietrich
Xoves, 24 de marzo.- Die Symphonie der Großstadt ( Berlín, sinfonía dunha gran cidade ) 1927, 62 min de Walter Ruttman
Xoves, 31 de marzo.- Emil und die Detektive (Emilio e os detectives) 1931, 75´ de Gerhard Lamperecht
Xoves, 7 de abril.- Cabaret, 1972, 128´ de Bob Fosse con Liza Minelli
As proxeccións serán ás 20h. Prégase puntualidade.
Etiqueta:ciclo de cine lois tobio