Comeza o ciclo “As mulleres na historia” coa proxección de “Prohibido recordar – Cárcere de Saturrarán (1937-1944)”
Coa proxección do documental Prohibido recordar – Cárcere de Saturrarán (1937 – 1944), dos directores Txaber Larreategi e Josu Martínez, dará comezo o ciclo “As mullres na historia”, que se desenvolverá durante todo o mes de marzo. Esta primeira actividade terá lugar este xoves 1 de marzo, ás 20.00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar).
Para a proxección contarase coa presenza de Txaber Larreategi (co director do filme), e de Gabriel Reigosa Centelles (bisneto da presa Urania Mella). Os convidados serán presentados por Tereixa Otero da Costa.
Sinopse: Un antigo balneario de luxo, convertido en seminario e finalmente en cárcere, situada na praia de Saturrarán (Mutriku-Biscaia), albergou unha das maiores e máis crueis cárceres do Réxime Franquista. Por decreto do xeneral Franco, Saturrarán converteuse en prisión de mulleres clasificadas de “extremadamente rebeldes e perigosas”. Dous mil mulleres de idades comprendidas entre os 16 e os 80 anos e provenientes de todos os lugares de España, estiveron encerradas entre 1937 e 1944.
Ficha Técnica
Produtora: moztu filmak, Tentazioa y REC
Formato: Betacam Digital
Duración: 52′
Xénero: Documental
Director: Txaber Larreategi e Josu Martínez
Ano: 2010
{youtube}4CB_ncuS8V0{/youtube}