• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Artigos

      • Inicio
      • Blog
      • Artigos
      • Conclusións da mesa redonda sobre enerxía eólica celebrada no Auditorio Municipal de Vigo.
      Gali_eiroLOGO

      Conclusións da mesa redonda sobre enerxía eólica celebrada no Auditorio Municipal de Vigo.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Artigos
      • Data 28 Febreiro 2012
      • Comentarios 0 Comentarios

      O pasado sábado 25 de febreiro A Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro celebrou unha mesa redonda sobre a enerxía eólica no Auditorio Municipal de Vigo.
      Emilio Menéndez, enxeñeiro que desenvolveu parte da súa carreira no desenvolvemento da enerxía eólica, e na actualidade profesor honorario da Universidade Autónoma e Politécnica de Madrid, especialista en desenvolvemento sustentable, abriu a sesión coa seguinte afirmación: “Na implantación de infraestructuras deste tipo é necesario o consenso da poboación”
      Damián Copena, profesor da universidade de Vigo e Investigador en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, fixo unha exposición sobre a expansión dos polígonos eólicos en Galicia a partir de 1995 e a súa repercusión no mundo rural galego. Trala realización dun amplo estudo afirma que de media, os propietarios dos terreos reciben tan só un 1% do total da facturación.
      Xosé Beiras, da asociación ecoloxista Verdegaia, falou da repercusión negativa da enerxía eólica no medio natural debido á falta dun Plan Eólico Galego, e denunciou a falla de sensibilidade da Administración para tentar reducir os efectos negativos destas instalacións.
      Mariano Tomás, activista do movemento “Contra parques eólicos de Valencia” amosou a súa positiva experiencia de loita o longo dos últimos oito anos.
      Iván Novoa, técnico instalador de enerxías renovables explicounos a experiencia do centro de educación ambiental “As Corcerizas”, en Ourense, e os usos complementarios dos recursos enerxéticos que supoñen os eólicos de pequena potencia.
      Ao final os asistentes, preto dun cento de persoas, manifestaron a súa preocupación polo sinsentido que supón a instalación dun polígono eólico na Serra do Galiñeiro, tal como o demostrou a mesa redonda de máis de unha hora de duración, que seguiu ás cinco intervencións dos relatores.
      A serra do Galiñeiro está comprometida como polígono eólico dende o ano 2009 no que foi adxudicada á empresa Terra do Vento S.L, que ten o seu domicilio en Ourense, pero que é propiedade de Element Power España S.L. pertencente á multinacional Element Power, cuxo único propietario é “Hudson Clean Energy Partnes”, empresa de New Jersey, que ten un socio maioritario que é o Credit Suisse.
      Ao contrario de paises como Dinamarca onde a enerxía eólica é explotada comunitariamente, en España fíxose da enerxía eólica un negocio para grandes empresas multinacionais. Ata o punto de que ao cabo de dez anos a instalación está amortizada e os beneficios son na proporción de 12 de ingresos fronte a 2 de gastos.
      En contados casos se da unha explotación da enerxía eólica de maneira local, por institucións públicas, pequenos propietarios ou entidades locais. Sería o que se chama Parques Eólicos Singulares. A regulamentación dos decretos eólicos, especialmente do de marzo do 2010, faino practicamente imposible, e a eliminación das primas pode facer que no futuro o sector eólico se concentre aínda máis nas mans das grandes empresas.
      Os propietarios dos terreos atópanse desprotexidos fronte as empresas e pode chegarse mesmo á expropiación aínda que estes queiran negociar o contrato. En moitos casos os dereitos sobre os terreos son a perpetuidade.
      As previsións en emprego e postos de traballo das empresas eólicas non se cumpren na maioría dos casos.
      Galicia exporta a terceira parte da enerxía que produce e pola contra ten só o 11% do seu territorio protexido ambientalmente, cando as Directrices europeas esixen un 25 %. Na ampliación da REDE NATURA que se está levando a cabo nestes momento, e que só pretende chegar a un 16 %, evítanse todas as zonas con potencial eólico aínda que teñan valores ambientais de grande importancia.
      Os estudos de impacto ambiental non pasan de ser un trámite administrativo que en rarísimas ocasións supuxo a non implantación dunha instalación eólica.
      Como exemplo decir que no Xistral se instalaron 30 polígonos eólicos en Lugares de Interese Comunitario (LIC), onde as turbeiras de alto valor ambiental foron destruídas, o que implica a expulsión á atmosfera de cantidades considerables de CO2 no proceso de degradación da turba, xusto o contrario do que se argumenta para instalar as infraestruturas eólicas.
      A solución á crise enerxética non é esta, senón consumir menos enerxía, porque só é limpa a enerxía que non se consome. E de tódolos xeitos as necesidades enerxéticas deberan cubrirse cunha produción distribuida máis o próximo posible aos lugares de consumo. O transporte da enerxía crea un impacto ambiental forte pola degradación da zona por onde pasan as liñas, e pola gran perda de enerxía no propio transporte.

       A conclusión é clara: As Administracións galega e española ubican os eólicos non nos lugares con máis vento ou con menos risco ambiental, senon nos lugares con menos oposición social.

      A Serra do Galiñeiro aparece nos mapas do I.D.A.E. como zona non apta de vento, é a prolongación natural e xeográfica do Parque Natural do Monte Aloia, é a unidade de paisaxe de máis valor do sur da provincia de Pontevedra. Dada a súa orografía tan abrupta as pistas de acceso necesarias para a instalación dos aeroxeradores e a instalación das bases dos mesmos suporían a destrución das súas ladeiras. Os valores ecolóxicos, arqueolóxicos e etnográficos do Galiñeiro, son sen dúbida, merecedores de protección, pois é un corredoro ecolóxico necesario entre o Baixo Miño, a ría de Vigo e o Parque Nacional das Illas Atlánticas… Pois ben, ningún destes argumentos ten en conta a Administración do país, e pola contra hipotecan o futuro do territorio en mans de empresas multinacionais. A isto só se lle pode chamar expolio do territorio.

      Etiqueta:Mesa Redonda enerxia eólica

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Carteleira do ciclo: Mulleres na Historia
      28 Febreiro 2012

      Siguiente publicación

      Hoteis dispoñibles para os alumnos do I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia.
      29 Febreiro 2012

      Tamén che pode interesar

      captura de pantalla 2016-06-26 a las 10.20.51
      Curso de extensión universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios: “O monte”.
      26 Xuño, 2016
      expofinal
      Ciclo de actividades ” O monte e nós”
      30 Maio, 2016
      taibo
      Acto conmemorativo do cincuenta aniverasio do falecemento de Victoriano Taibo, na aula Ponte de Rosas o venres 18 as 20.30 horas
      14 Marzo, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?