Conferencia sobre o Xeopatrimonio da Serra do Galiñeiro e o Monte Aloia.
A riqueza do xeopatrimonio da Serra do Galiñeiro e o Monte Aloia será o tema da vindeira conferencia organizada pola Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro. Na mesma, o Catedrático de Xeoloxía da Universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní falará sobre “Orixe xeolóxica”, e inmediatamente despois Marcos Vaqueiro Rodríguez, Presidente do Club Espeleolóxico Maúxo tratará o tema “As covas: Tesouros xeolóxicos baixoterreños inéditos”. As conferencias terán lugar no Antigo Convento de Santo Domingo, Rúa Antero Rubín, en Tui o próximo sábado 9 de abril ás 19 horas.