Curso da UMP en Gondomar: “Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas”
O IEM organiza no vindeiro mes de setembro o Curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo: “Dende o badal ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas”. O mesmo terá lugar os días 6-8 de Setembro de 2012, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Os interesados en inscribirse se deben comunicar ao teléfono 986 360 575 (18 a 22 horas) ou a través dos correos electrónicos: oficina@mihor.org / direccion@minhor.org .
Obxectivos do curso:
Preténdese dar unha visión global da evolución das sociedades rurais nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, lingüísticos, … dende as formas de poboación antigas ata a complexidade das sociedades modernas.
Por outra banda, tamén se analizará como a complexidade propia das urbes se está a exportar ós pequenos núcleos de poboación e que consecuencias está a ter na convivencia inter e intrapobos. Como se están modificando os hábitos, os costumes, as formas de vida, o hábitat, os servizos e, en definitiva, como van mudando os valores desas sociedades, en teoría menos evolucionadas, que son as aldeas do noso pais.
Temario:
A incorporación dos novos urbanitas ao medio rural.
Cambios sociais e participación nas estruturas rurais.
A organización territorial no rural.
Evolución histórico-social, política e administrativa.
A toponimia no rural.
Transformación ou substitución.
O Municipalismo nas novas sociedades rurais e periurbanas.
Accións de futuro
Preme aquí para descargar o programa completo.
Créditos universitarios:
Universidade de Santiago de Compostela: 1
Universidade de Vigo: 1
Universidade d’A Coruña: 2
Inscricións:
IEM. Ave. da Feira, 10 Baixo. 36380 Gondomar
Tel.: +34 986 360 575 | direccion@minhor.org
www.minhor.org
Director do Curso:
José Eladio Ferro Fontenla
Licenciado en Psicoloxía e en Pedagoxía
Titular da área de Sobredotación e Altas Capacidades
Secretario:
Carlos Méixome Quinteiro
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación
Profesor de Xeografía e Historia no Ensino Secundario
Organiza:
Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)
Colaboran: Concello de Gondomar – Concello de Tomiño
Etiqueta:UMP