Estrea de CREBINSKY en Gondomar e faladoiro con Enrique Otero.
CREBINSKY, o filme de Enrique Otero deixounos unha sensación esperanzadora: a crise económica non finou ao bo cine. Próximo a duascentas persoas tiveron o privilexio de comprobarllo na estrea da película en Gondomar o pasado sábado 14 de abril no Auditorio Municipal Lois Tobío. Por riba, gozaron dun faladoiro posterior co director da obra, onde ademais de decatarse dunha infinidade de anécdotas da produción e do rodaxe, informáronse de primeira man da realidade pola que atravesan os creadores da “sétimo arte” no país.
{youtube}NOpZELAQIfo{/youtube}
O acto, organizado polo IEM coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura, comezou cunha breve presentación da película e do seu director por parte do mestre Miguel Anxo Mouriño.
{youtube}FNKoOKbhBlE{/youtube}
Logo da exhibición, Enrique Otero convidou aos asistentes a dar a súa opinión e expresar as impresión que a película lles provocara. O faladoiro rematou nun diálogo enriquecedor que provocou que o director do filme agradecera aos organizadores por la iniciativa e a oportunidade deste encontro cara a cara co público.
{youtube}Q48iemaWU5s{/youtube}
Etiqueta:crebinsky