Estudantes estranxeiros da Universidade de Vigo participan dunha xornada de arte rupestre có IEM.
Un grupo de alumnos estranxeiros da Universidade de Vigo participou esta tarde dunha visita guiada polo IEM ao conxunto de petróglifos de Outeiro dos Lameiros en Baiona. Os estudantes chegaron á Aula de Cultura Ponte de Rosas, como parte das actividades extracurriculares do Programa Erasmus. Ademais de coñecer a arte rupestre da zona, tiveron a oportunidade de observa in situ os traballos de escaneo en 3D que o equipo de arqueólogos do IEM está a desenvolver xunto cos técnicos da Fundación ITMA (Instituto Tecnológico de Materiales de Asturias).
A xornada comezou cun coloquio sobre arte rupestre en Galicia a cargo de Xosé Lois Vilar, a continuación trasladáronse de Gondomar a Baiona para participar dunha percorrida guiada no parque musealizado do Outeiro dos Lameiros.
Etiqueta:erasmus