• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Artigos

      • Inicio
      • Blog
      • Artigos
      • Galego de Lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar.
      cartaz-conde-gondomar

      Galego de Lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Artigos
      • Data 14 Decembro 2011
      • Comentarios 0 Comentarios

      Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar é unha das figuras máis senlleiras da Historia Galega e, non obstante, aínda ben descoñecida. Ata o punto de que Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña,I Conde de Gondomar, publicado pola colección Mandaio de Biblos, é a primeira biografía en galego dun personaxe que defendeu as nosas costas dende mozo fronte aos ataques de Francis Drake, que participou na recuperación do voto en Cortes para a nosa terra, ou que lle valeu a Galicia ante os ataques do cronista portugués frei Brito nunha fermosa carta en defensa da caste galega.
      O traballo de Francisco Maseda que presentarase o vindeiro sábado 16 de decembro ponnos ante un galego que nunca renegou da súa orixe. Pese á súa posición privilexiada e a que viviu nos chamados Séculos Escuros, usou o galego no seu epistolario, o máis copioso da Idade Moderna Española, composto por dezaoito mil cartas das que unhas tres mil considéranse correspondencia galega.
      Fazañas como as mencionadas xa poderían parecer de abondo. Pero a través das páxinas deste libro preténdese poñer en valor un grande prócer galego, servidor de tres Austrias –Felipe II, Felipe III (a quen o noso Conde se atreve a escribirlle unha incendiaria carta falándolle de tódolos males da monarquía hispana) e Felipe IV–, que, malia ser sempre un home leal, viuse expulsado das proximidades do poder estatal pola envexa que o seu bo facer e fidelidade de fidalgo galaico espertaron entre os validos reais, homes como o duque de Lerma e o conde-duque de Olivares.
      O Conde de Gondomar tivo entón que atopar a peana da súa sona fóra de España, como embaixador en territorio de herexes, na Inglaterra do Estuardo Xacobe I. Coa difícil empresa de manter as paces, asinadas anos antes entre un decadente imperio español e un puxante imperio inglés. Levou o de Gondomar a bo porto o seu cometido, malia que o predecesor no seu posto lle dixera que era imposible manter a situación asinada por máis de seis meses.
      Non só acometeu sobradamente a tarefa que se lle encomendou durante as súas embaixadas e ata a morte do rei inglés en 1625, senón que conseguiu manter e afirmar o orgullo dun case que finado imperio español.
      O Conde ganou a simpatía do rei inglés, quen gustaba sobre maneira da compaña do galego, chegando a manifestarlle que se tivese na corte inglesa un vasalo coma o de Gondomar daríalle a metade dos seus reinos. Mais os comezos entre ambos os dous non foron doados e o Conde arribou a terras inglesas negándose a pregar os estandartes dos seu barco perante os da mariña real inglesa, cousa que si fixera o propio Felipe II cando fora a Inglaterra buscar muller en María Tudor.
      A ascendencia de Diego Sarmiento de Acuña sobre Xacobe I foi tal que ergueu os ruxe-ruxes na Corte inglesa, na que se cría que o embaixador era un auténtico Maquiavelo e enfeitara ao monarca porque logrou del fitos tales como a liberación do pai Baldwin, o instigador da conxuración da pólvora, que tentara voar o parlamento inglés co rei dentro; ou a condena asinada de man de Xacobe para entregar e aforcar en Madrid a Walter Raleigh, o outrora favorito da raíña Isabel I, e precursor do imperio colonial inglés; ou que o Chanceler inglés, o célebre Francis Bacon, asinara unha orde, a petición do noso Conde, pola que se suspendía a persecución dos católicos das Illas, un documento seguramente único porque un embaixador estranxeiro conseguía influír nas cuestións de orde público de Inglaterra.
      O autor, Francisco Fidel Maseda Maseda, naceu en Lugo en 1978. É premio extraordinario fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia pola licenciatura en Humanidades e doutor en Humanidades pola Universidade de Santiago na área de Filosofía Moral e Política. Gañador dun dos premios provinciais á investigación 2010 da Deputación de Pontevedra, as súas publicacións áchanse centradas en persoeiros como Lois Tobío e Don Diego Sarmiento de Acuña, e as súas investigacións no pensamento político galego contemporáneo.

      Etiqueta:Galego de lei

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      A Concellería de Patrimonio de Pontevedra visitou os espazos musealizados polo IEM.
      14 Decembro 2011

      Siguiente publicación

      Conferencia de Carlos Méixome: Baiona 1936.
      15 Decembro 2011

      Tamén che pode interesar

      captura de pantalla 2016-06-26 a las 10.20.51
      Curso de extensión universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios: “O monte”.
      26 Xuño, 2016
      expofinal
      Ciclo de actividades ” O monte e nós”
      30 Maio, 2016
      taibo
      Acto conmemorativo do cincuenta aniverasio do falecemento de Victoriano Taibo, na aula Ponte de Rosas o venres 18 as 20.30 horas
      14 Marzo, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?