GONDOMAR DOCUMENTA: Galeg@s Universais
Deixamos un avance do filme da próxima semana, do ciclo Gondomar Documenta: Galeg@s universais. Historias do Mar. Unha película documental do pontevedrés Lukas Santiago. A proxección será o xoves 26 de agosto ás 22h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar.
{youtube width=”200″ height=”160″}-Sq8UKZCkto{/youtube}
“Galeg@s, porque son persoas nas que desborda a sabiduría popular, que representan o espírito do pobo galego, a fala, a retranca, as lendas…”
“Universais, porque son persoas anónimas, que non soen ter a palabra, pero que teñen moito que contar… e son especiais, aquí e en Australia…”
“Historias do mar porque son persoas domar, desa cultura mariñeira que moldeou a alma das xentes da nosa costa durante séculos…” (Lukas Santiago)
Achegamos folla informativa coa ficha técnica, ficha artística e sinopse.