Inscricións para un obradoiro de creación literaria coa escritora Marta Dacosta.
O vindeiro mes de outubro dará comezo un obradoiro de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta. Baixo o título “III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo”, 25 persoas poderán participar desta actividade que se desenvolverá durante sete sesións na nosa sede, Aula de Cultura Ponte de Rosas cas seguintes características:
- Datas: Outubro: 10 e 24 / Novembro: 7, 14, 21, 28 / Decembro: 3
- Horario: Sábados de 11 a 12:30 horas, agás a sesión do 3 de decembro ás 20:30 horas.
- Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10, baixo –Gondomar.
- Matrícula: Socios 20€ e non socios 25€ euros (curso completo).
- Prazas: Máximo 25 e cun mínimo de 10 inscritos para desenvolver o curso.
- Inscricións: A través do correo oficina @minhor.org / de luns a venres de 18 a 22 horas no teléfono 986360575.
- Sesións: Iniciaremos cada sesión cunha reflexión inicial para, a partir dela, analizar o proceso de creación literaria e atopar os
- Programa do curso preme aquí para descargar