Música Sacra na Igrexa de Santiago de Parada.
{youtube width=”250″ height=”200″}DlQfTyheSDI{/youtube}
Medio centenar de veciños do Val Miñor participaron dunha exquisita velada musical na igrexa de Santiago de Parada. O acto consistiu nunha audición de Música Sacra dirixida polo especialista Manuel López-Benito e organizada polo IEM. A experiencia consistiu en percorrer a música relixiosa dende as creacións medievais do canto gregoriano ata as achegas dos grandes clásicos como Mozart, Bach, Vivaldi, Haydn o Beethoven entre outros.
Nun marco diferente do que adoita afacerse nestes tempos, o Ciclo “Música nas Capelas do Val Miñor”, propón escoitar a música naqueles sitios para os que foi creada e onde orixinariamente foi executada. A sensibilidade do mestre Manuel López, e os seus afastados coñecementos do eido musical, non só aportan un erudito coñecemento das pezas, se non que transportan ao público á esencia mesma de cada composición.
Etiqueta:música sacra