Noite de San Xoán, festa tradicional en Baiona.
{youtube width=”250″ height=”200″}jsgEQ8JQW9I{/youtube}
Por cuarto ano O Ximbaleu Tramallo Cultural e A Seneira, asociacións culturais de Baiona, xuntáronse para festexar a noite de San Xoán. A convocatoria reuniu a máis de 200 persoas que compartiron o lume de dúas fogueiras, sardiñas, pan e bebidas.A media noite prendeuse o lume queimando mobeis vellos, cartóns e leña que a veciñanza foi achegando nos días anteriores para esconxurar por riba do lume os malos augurios e comezar o verán na noite máis curta e máxica do ano.
Novos e vellos saltaron a fogueira un número impar de veces para que os seus desexos sexan cumpridos invocando as vellas tradicións que aínda perviven en ritos ligados ao lume e ao solsticio de verán.