Pase do filme 18 comidas e coloquio co director, guionistas e artistas no auditorio Lois Tobío.
O próximo sábado18 de xuño de 2011, ás 22:30h. (atención horario) no Auditorio Lois Tobío de Gondomar poderemos gozar co pase do filme 18 comidas.
Ao remate da proxección haberá un coloquio co seu director Jorge Coira, a coguionista, colaboradora do IEM e veciña de Morgadáns, Araceli Gonda e algún dos actores, pendente de confirmar.
18 comidas é o segundo dos filmes de Jorge Coira no que o director permite a improvisación duns actores que máis que interpretar “viven” a realidade dos seus personaxes como apunta Jorge Coira nas súas notas de director destes seis almorzos, seis xantares e seis ceas cunha variada gama de ingredientes e unha coidadosa elaboración técnica.
Etiqueta:18 comidas, araceli gonda