Presentación da nova editorial Contos Estraños.
{rokbox title=|Fernando Cimadevila e Tomás González| size=|250 86|}images/stories/coloquios/contos_estraos/gonzalez-cimadevila.jpg{/rokbox}
O Instituto de Estudos Miñoranos ten o pracer de convidarvos á conferencia de presentación da nova editorial Contos Estraños que terá lugar na nosa sede (Avda da Feira 10, baixo, Gondomar) o próximo xoves, 19 de abril, ás 20:30 horas.
O seus promotores Tomás González Ahola e Fernando M. Cimadevila teñen moitas cousas en común; ambos os dous son mozos con inquietudes culturais, ambos os dous son músicos, ambos os dous son escritores, ambos os dous son editores e ambos os dous se senten engaiolados polas literaturas “distintas”. Por iso coincidiron nun tempo recente nun proxecto musical e por iso coinciden agora nun proxecto editorial atraente e ambicioso. Despois de que Tomás puxese en marcha Urco Editora, un proxecto valente e atrevido, tanto como interesante e necesario para encher un baleiro no sistema literario galego, decidiron, xuntos, pór a andar a editorial Contos Estraños inspirada na revista “pulp” americana do mesmo nome (Weird Tales) de grande éxito na primeira metade do século pasado. Empresarios, pois, novos, valentes, galegos e galeguistas que van compartir con nós parte das súas inquedanzas.
Podedes ver un artigo publicado en El País sobre os nosos invitados e os seus proxectos: http://www.box.com/s/6bfe90a710de1b0059f1.
Os convidados serán presentados polo director da Sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño.