Presentación do libro Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio.
Mañá martes 14 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación do libro Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio do que é autor o profesor Xosé Francisco Pardo Teijeiro.
No acto, ademais do autor, participará o presidente da empresa editora, Edicións A Nosa Terra, e será presentado polo profesor e membro da Xunta de Goberno do IEM, Xosé Ramón García.
Etiqueta:Osorio Tafall, Xosé Francisco Pardo Teijeiro.