• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Artigos

      • Inicio
      • Blog
      • Artigos
      • Presentouse “As portas ausentes” de Caino.
      caino-sonriso

      Presentouse “As portas ausentes” de Caino.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Artigos
      • Data 4 Maio 2011
      • Comentarios 0 Comentarios

      As Portas Ausentes, é o título da primeira obra publicada por un dos artistas plásticos máis apreciados de Baiona e en cuxa edición colaborou o Instituto de Estudos Miñoranos. O poemario foi presentado polo autor o pasado xoves 28 de abril no salón de actos da Capitanía Marítima de Baiona. O evento contou cun acto poético no que interviñeron recitando algúns dos seus poemas Anxo Manuel Rodríguez Ratel, Marina Iglesias e Trinidad Puentes. Tampouco faltou o son da gaita de Moncho Pazos Marcote, de A Xeneira. O mestre de cerimonias foi o director do IEM, Carlos Méixome, quen fixo unha breve presentación do autor e da súa obra.
      As Portas Ausentes xa está dispoñible nas librerías.
      Alocución de Carlos Méixome na presentación do libro As Portas Ausentes.
      Amigos e amigas. Veciños e veciñas de Baiona
      Rematamos de escoitar a gaita da identidade inflada pola xenerosidade de Moncho Pazos Marcote, da Xeneira, que interpretou a Alborada de Corcubión.
      Tócame hoxe a min facer de mestre de cerimonias neste día tan importante para Caino e tamén para Baiona, ou cando menos para a Baiona de Caino. Xa que logo vou cumprir en primeiro lugar coa función cerimonial para presentarvos ás persoas que hoxe van poñer a súa voz ás verbas creadas pola imaxinación farturenta do Caino. En primeiro lugar farao a fogosidade xuvenil e enérxica voz do tamén poeta Anxo Ratel. Despois farao unha autentica institución educativa, en Sabarís e Baíña, como é dona Marina Iglesias, mestra de xeracións de baioneses e baionesas. Logo Trinidad Puentes, Trini, achegaranos algúns dos textos de Caino. Como é lóxico remataremos coas palabras do noso poeta e de coa música máis nosa interpretada de novo por Moncho que nos deleitará cun estreo mundial, xa que por primeira vez interpretarase en público unha peza que recolleu de Carmen a Ghuancha e que denominou Foliada da Cuncheira
      Mais deixádeme antes que ocupe un pouco do voso tempo para falarvos da persoa e do libro, desas portas ausentes coas que hoxe nos agasalla Caino.
      Hai anos falábase do “self made man” daquel “home feito a si mesmo” do american dream. Daqueles homes que perseguían o éxito económico e podían logralo, hoxe as novas elites do capital non deixan marxe nin aos pequenos sonos de enriquecemento. Mais isto non ten nada que ver con Caino, a non ser como metáfora, xa que el é un artista feito a si mesmo, un autodidacta, tanto na pintura como na poesía, un creador que necesita como di el “da emoción“, de que a arte, pictórica ou poética, lle chegue ao corazón e ás veces iso necesita do abandono de rixideces formais ou académicas. Por que a obra de Caino é ante todo sentimento, emoción, ausente de pretensión, e amor ás súas orixes populares da Baiona mariñeira. Ese amor e sensibilidade coa que el fala das súas cadelas, palleiras elas, carentes de pedigree, criaturas das silveiras que recolle para coidar delas, tolleitas ou enfermas, e ás que acariña con tenrura. Quizais sexa esta palabra “tenrura” a que mellor defina a obra que hoxe presentamos.
      Mais teño medo que o que ata o da agora vos dixen leve a falsas conclusións. Autodidactismo non ten nada que ver ausencia de formación e moito menos con espontaneidade creativa. Seguín o proceso de xestación deste libro e sei ben o moito traballo de Caino, na lectura de textos de referencia, na corrección dos seus escritos, de como estes foron evolucionando baixo un constante, ás veces obsesivo, darlle voltas e reviravoltas.
      Pola súa banda TENRURA, SENSIBILIDADE, EMOCIÓN nada ten que ver con melifluas flores ou edulcoradas postas de sol. Do mesmo xeito que cando ollamos os celebres óleos nos que Caino nos amosa eses rostros infantís cheos de tenrura, sensibilidade e emoción, trazados con esas cores suaves, case pastel, non deixamos de sentir un certo desacougo nos trazos angulosos, nos expresivos e excitados ollos ou nas “puchas” que cobren as súas cabezas. Por que son nenos da Percibilleira, de Corea, da Porta da Vila,
      Ese é o desacougo que atrapa ao poeta e faino preguntarse:

      Onde fica Deus que consinte tanta dor?.
      Unha dor que lle berra ao poeta na alma ante a contemplación
      da indiferenza destas traxedias ignoradas
      panos de loito nos adeus de mans invisibles
      choros de negras nais nas pólas dos alciprestes
      regados coas bágoas todas
      a ollar cadaleitos que trasladan a pena do mundo
      aos cemiterios infinitos dos tempos.
      Un desacougo fincado no malestar do poeta ante unha sociedade alleada e ausente de valores:
      O Deus verdadeiro fica morto!!
      está abandonado no lixo!!
      Vivan todos os deuses fortuítos
      de usar e tirar!!

      E continua:

      Somos grotescos triunfadores
      de comedia allea
      e saímos coa patada no cú ó escenario
      felices de vivir outras vidas
      e morrer pola trapallada
      Un poeta que non rexeita a toma de posición, aínda que sexa conflitiva:
      terra sagrada de Gaza regadas de sangue e bágoas
      polos mártires que sementan a dor e a traxedia humana
      nos oídos xordos
      nas bocas pechadas á indiferenza
      ante tanta infamia e tanta tolemia

      Un desacougo que o poeta vive persoalmente:
      Só fican a cinsas dos tempos ledos da infancia. A nenez como patria única, como paraíso perdido, a nenez de pes nus esvarando polas lousas empedradas da Baiona mariñeira. Da Ítaca do poeta. Desa Baiona que lle doe ao poeta, como escribiu Anxo Ratel no seu prólogo. Unha Baiona que fica, como os soños, nas illas arredadas, unha Baiona salvaxemente desfeita na que o vento xa non fai ondear o centeo, na que os papaventos tampouco voan en tardes azuis, de corredoiras coa pegada dos carros, de froitas. A Baiona de Caino é o territorio da infancia, de fidelidade e amor ao seu idioma construído como as vellas pedras por séculos de Historia popular e mariñeira. Non a alleada por intereses especulativos, visitantes de paso nin ínfulas reais e imperiais.
      Aquela Baiona vivida con paixón e agarimo por Caino xa non volverá por que a amargura invade ao poeta cando afirma: Todo o que se vive na memoria fica morto.
      Mais, engado eu, que seríamos sen memoria?
      Grazas

      Achegamos album de fotos da inauguración, imaxes de Txiki Dacosta
      caino

      Etiqueta:caino, presentación as portas ausentes

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Listas e quendas dos participantes na xornada de divulgación xeolóxica Geolodía.
      4 Maio 2011

      Siguiente publicación

      O quecemento global, o desxeo polar e a acidificación da auga dos océanos en debate no IEM.
      4 Maio 2011

      Tamén che pode interesar

      captura de pantalla 2016-06-26 a las 10.20.51
      Curso de extensión universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios: “O monte”.
      26 Xuño, 2016
      expofinal
      Ciclo de actividades ” O monte e nós”
      30 Maio, 2016
      taibo
      Acto conmemorativo do cincuenta aniverasio do falecemento de Victoriano Taibo, na aula Ponte de Rosas o venres 18 as 20.30 horas
      14 Marzo, 2016

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?