Uxio-Breogán Diéguez, presenta un novo número da Revista de Historia Murguía no IEM.
O próximo venres 11 de maio, ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación dos números 23-24 da Revista de Historia Murguía que encetará unha nova xeira. Para falarnos destes anos de andaina e dos novos proxectos da Revista de Historia Murguía estará con nós o seu director Uxio-Breogán Diéguez Cequiel.
Neste número duplo recollese un extenso traballo do director do IEM, Carlos Méixome, sobre os traballos de exhumación dos cadáveres dos veciños do Val Miñor soterrados na fosa común de San Xián titulado “As fosas de San Xián. Un modelo de exhumación”. Sobre este traballo falará o seu autor.
Podedes consultar a interesante web da revista premendo aquí.
Etiqueta:Revista Murguía de Historia