Xornadas sobre Aproveitamento Multifuncional dos Montes Veciñais en Vincios.
O movemento social “Pola protección da serra do Galiñeiro” organiza os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro unhas xornadas co tema “Aproveitamento multifuncional dos Montes Veciñais” que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar). A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e o Morrazo é quen de acoller, unha vez máis, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e a comunidades de montes.
Programa das xornadas:
Venres, 28 as 16.30 horas:
Visita guiada polos montes veciñais de Vincios-Gondomar
Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios
Sábado, 29 as 18.00 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural de Vincios
PONENCIAS
. Experiencias produtivas innovadoras nos montes comunais
por Xavier Simón, profesor de Economía Ecolóxica na Universidade de Vigo
. Abellas e biodiversidade
por Xesús Asorey, secretario da AGA, Asociación Galega de Apicultura
. O man común. Outro xeito posible
por Santiago González, secretario da Comunidade de Montes de Mouriscados (Mondariz)
MESA REDONDA
Coa participación do público en xeral, técnicos e Comunidades de Montes Veciñais
POR UNHA XESTIÓN SOSTIBLE DOS NOSOS MONTES
CLAUSURA
A cargo do Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes,
Xosé Alfredo Pereira
Domingo, 30 as 10.30 horas
Visita guiada polos montes veciñais de Couso-Gondomar
Lugar de reunión: Centro Cultural de Vincios
Teléfonos de contacto:
Xosé Manuel Docampo 665 10 60 32
Oficina da Comunidade de Montes de Vincios: 986 46 96 92. O horario de oficiña é : de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
A plataforma considera que o esforzo dedicado nos últimos decenios á explotación do monte unicamente para a obtención de madeiras de rápido crecemento causou o empobrecemento dos solos e unha perda alarmante da súa diversidade biolóxica. Considera entón imprescindibles, as iniciativas que tendan á recuperación ambiental e á posta en valor dende unha diversificación da produción.
As visitas guiadas dos días 28 e 30 son unha oportunidade para amosarnos diversos traballos que neste eido se están a desenvolver nesta serra; e o día 29, á tardiña, asistirase á presentación de tres ponencias e a unha mesa redonda para achegármonos a outro modelo de xestión dos nosos montes.
Co ánimo, pois, de seguir difundindo os valores naturais, culturais, sociais e económicos da serra do Galiñeiro, convidamos a todas as entidades, asociacións e persoas que teñen interese no tema, a participar nestas xornadas.
Etiqueta:xornadas montes veciñais vincios