Contra a desmemoria
Era por xaneiro. Un xaneiro dos de antes cando había galernas e non cicloxéneses. Na Madorra, en Panxón, apareceu unha moza afogada. Antes de contarvos isto quéremos dicir que imos encertar aquí esta sección debido á constatación diaria do descoñecemento, da desmemoria do que fomos e do que aquí pasou. E o que somos fómolo. Ou non?
Trataremos dende este outeiro do Val Miñor, de amosar mediante textos, fotos, documentos, entrevistas, … retallos da historia e historias que esperten a curiosidade dos lectores que agabeen até este pericoto.
Xa tamén apareceran dous homes nas pedras de Baredo, eran cadáveres do iate de bandeira dos Estados Unidos que fóra ó fondo no Carreiro do Medio de Silleiro. Só se salvou Arnild unha nena norueguesa de 10 anos. A moza da Madorra era Hedwing Soberg Olsen a mestra de Arnild e do seu irmán Erling de 9 aniños.
Sabedes que hai uns meses rodaron en Panxón a película “A praia dos afogados” baseada na novela homónima de Domingos Villar. Chámalle así ó areal da Madorra porque alí aparece o corpo sen vida de Alfonso Castelo “O Rubio” asasinado no Pozo da Cavosa por terra da Meda. É a praia dos afogados porque xa no 76 apareceron dous dos mortos do Ivy, cargueiro de bandeira liberiana que rachou contra os baixos de Rabudasnos. A maioría da tripulación era filipina.
Vivíremos de costas ó mar non quere dicir que durante centos, miles de anos non vivísemos del. Non subíremos nunca á Groba ou ó Galiñeiro non quere dicir que non sexan montes cheos de riqueza, cheos de historia. Non.
O Rubio da novela tiña cara de panxoneiro, os homes do Ivy de filipinos e a mestra norueguesa de 25 anos quizais roxo o pelo e pencas na faciana. O crego debeulle mirar a relixión na cara e non permitiu enterrala dentro do cemiterio, camposanto selectivo, e déronlle terra nun pasto extramuros para así non contaminarse da ortodoxia interna. Logo non creceu a herba.
Estáremos no 2014 non obriga a non saber ren dos últimos anos. Hai veciños, que viven canda nós, que nolo poden contar e hai hemerotecas e arquivos que o conservan por escrito.
Hedwing, Arnild, Erling, …. até un total de catorce persoas eran viaxeiros e tripulantes do Thalassa que botou até o día 30 de decembro de 1948 amarrado no porto de Vigo, día no que arrincou rumbo América. Ó chegaren á altura do Porto decidiron dar volta cara Vigo co triste remate nas pedras de Silleiro. A Arnild levouna até terra firme o motorista de 56 anos Ansger Brevig. Acarrexábaa nos hombreiros cando unha vaga guindou a nena en terra firme e afogou o home. Eran as oito da mañán e o soldado da batería de Silleiro Luciano Buño Viña abrigou cun capote a nena que viña empapada e encouro. No accidente morreulle pai, nai e irmán.

Etiqueta:desmemoria