PUGA é o nome dun grupo de membros do IEM. Esta palabra, que significa ‘enxerto’, está formada coas letras iniciais do grupo Promoción Urbana do GAlego.
A nosa lingua, coa migración do mundo galego ás cidades, sufriu unha perda importante no seu uso e transmisión familiar ás novas xeracións. Esta perda coincidiu coa implantación do seu ensino na escola e a súa primeira presenza nos medios de comunicación.
Este equipo PUGA do IEM nace coa vontade de investigar esta realidade sociolingüística e elaborar programas de promoción do uso do galego no mundo urbano miñorán.

Últimas publicacións

Últimas publicacións