A Sección Marítima do IEM na celebración da Reconquista de Vigo.
A Sección Marítima do IEM participou na celebración da Reconquista de Vigo, o pasado domingo 27 no porto de Vigo, coa embarcación “Celiña”, copropiedade do director da Sección José Manuel Rodríguez Crespo. Varios socios participaron da xornadas onde o “Celiña” converteuse na fragata británica “Venus” que repatriaba ós prisioneiros franceses logo de rendérense as forzas viguesas. No papel do “Lively” participou o veleiro holandés Nordwest . A axuda dos socios dende terra foi fundamental para lograr o bo atraque das naves, malia a falla dun pantalán con acceso dende terra.
Como sabedes as tropas francesas rendéronse as forzas viguesas co trato de que marcharían coma prisioneiros cara Inglaterra nas fragatas inglesas, a Venus e a Lively, que bloqueaban o porto de Vigo. A tropa embarcou no veleiro Nordwest, caracterizado como a Lively, e o Coronel Chalot e os seus Oficiais embarcaron no Celiña. Embarcaron as tropas rendidas e saíron os veleiros do porto, deron unha volta pequena e volveron pra dentro da dársena da Laxe a deixa-los franceses despois que marchara o público.
Nese intre produciuse unha anécdota graciosa; unha muller, dende o peirao, cas mans na boca a xeito de altofalante, berraba aínda:
-Fora franceses! porque os traedes de volta?
-Estes son de Citröen! (respondéronlle dende o Celiña)
-Ah, entón bueno!, respondeu a señora.
Etiqueta:reconquista de vigo