Alfonso A. Cáccamo inaugura a mostra “A revolución dos globos” no IEM.
Este venres 27 de novembro, ás 20:30 horas Alfonso Álvarez Cáccamo inaugura “A revolución dos globos”. A exposición será presentada na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención de Xosé María Álvarez Cáccamo.
A mostra recolle unha obra artellada a partir dun mundo imaxinario “Alphosezia”, que medrou xunto co autor dende a infancia. A carón do seu irmán Xosé María foron xurdindo textos e pinturas inxenuas que xunto a maquetas e pequenas esculturas foron materializando ese espazo imaxinado que por primeira vez será amosado ao público.
A exposición poderá visitarse de luns a venres de 19 a 21 horas até o 22 de xaneiro de 2016.