Asemblea Xeral de socios/as do IEM 2016
A Xunta Xeral de Socios/as do IEM quere ser algo máis ca unha xuntanza anual obrigada polos nosos estatutos. A Xunta Directiva queremos non só dar conta das nosas actividades e presentar o estado de contas deste Instituto de Estudos Miñoráns.
Cremos todos nós que é unha obriga achegarnos todos os socios/as para agradecer todo tipo de colaboración que fai posible as distintas creacións culturais deste instituto.
Temos a esperanza de que destes encontros xurdan novas posibilidades que poidan suplir as deficiencias que as crises económicas ocasionaron nos últimos anos.
Coñecernos a nós mesmos e a nosa historia será o mellor instrumento para planificar unha vida colectiva, presidida pola alegría de compartir o patrimonio natural e cultural do noso Val de Miñor.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2016
Convócase aos socios/as da Asemblea Xeral da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 á reunión que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a ORDE DO DÍA que se especifica.
HORA da SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS
Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente ao 23 de outubro de 2015 (AnexoI).
- Aprobación dos novos Estatutos do IEM.
- Presentación da Memoria de Actividades 2015-2016 da Asociación (Anexo III).
- Aprobación, se procede, das Contas Anuais 2016 da Asociación (Anexo IV).
- Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2016.
- Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.
- Previsión das actividades para o ano 2017.
- Rogos e preguntas.