Comeza a 13ª tempada das TERTULIAS do IEM (2013-2014)
Este 13ª ciclo consecutivo dará comezo o próximo venres 11 de outubro. Como é costume os faladoiros terán lugar preferentemente o primeiro venres de cada mes, dende outubro a maio, e comezarán ás 20:30h. Terán lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, sita na Aula de Cultura “Ponte de Rosas” (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar).
Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico oficina@minhor.org
Este novo ciclo será diverso na súa temática e abranguerá dende a historia (Xusto Beramendi) a bioloxía (Antón Masa Vázquez), pasando pola música (Sés), o xornalismo (Ana Guantes), a arquitectura (Pedro de Llano), a fotografía (Manuel Sendón), e a tecnoloxía espacial (Fernando Aguado). Coidamos que esta multiplicidade temática é o atractivo deste novo ciclo de faladoiros.
Calendario das TERTULIAS do IEM 2012 – 2013
11-10-2013 / 20:30h / Xusto G. Beramendi / Catedrático de Historia Contemporánea da USC Presidente da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego
08-11-2013 / 20:30h / Antón Masa Vázquez. Misión Biolóxica (CSIC). Presidente da Asociación pola Defensa da Ría (APDR)
13-12-2013 / 20:30h / Sés. Música, cantante, filóloga.
17-01-2014 / 20:30h / Ana Guantes. Xornalista
07-02-2014 / 20:30h / Pedro de Llano. Arquitecto, catedrático da ETSA A Coruña
07-03-2014 / 20:30h / Manuel Sendón. Fotógrafo. Profesor na Escola de Belas Artes de Pontevedra. Co-director do Centro de Estudos Fotográficos
04-04-2014 / 20:30h / Rubén Brión. Complexo hostaleiro Benboa de Corrubedo
09-05-2014 / 20:30h / Fernando Aguado. Profesor da U. de Vigo. Coordenador do proxeco Xatcobeo
Etiqueta:Tertulias 2013-2014