Concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona
O Instituto de Estudos Miñoranos lembra que o vindeiro luns 4 de xaneiro a Coral Polifónica de Baiona ofrecerá un concerto na Santa Casa de Paz e Misericordia para inaugurar as Xeiras Culturais de 2016 que en breve presentaremos para este mes de xaneiro e febreiro. A Coral está dirixida por César Lorenzo, irmán do ilustrador para estes eventos Fino Lorenzo, e interpretará ” Concerto de Nadal” e obras do seu repertorio anual.
Comezamos estas actividades o pasado 25 de decembro cunha conferencia sobre os naufraxios do Auslag, o Skogland e o Highland Pride aos que a voz de tango de Urbano Piñeiro Morell ( Simbad) dedicou unha canción ao remate.
A hora de comezo será ás 19:45 Horas.