FALADOIROS «Galicia 2017-2020»
Comezamos o 2017 cos faladoiros do IEM.
O primeiro deste ano dedícase a «Galicia 2017-2020», no que intervirán os voceiros parlamentarios dos catro grupos políticos con representación no Parlamento Galego:
- Ana Pontón (Bloque Nacionalista Galego) –13/1.
- Xoaquín Leiceaga (Partido Socialista de Galicia) –20/1.
- Luís Villares (En Marea)-27/1.
- Pedro Puy (Partido Popular) –3/2.
Serán presentados respectivamente por Sandra González (Alcaldesa de Tomiño), Francisco Ferreira (Alcalde de Gondomar), Antón Araúxo (Tenente Alcalde de Gondomar) e Ángel Rodal (Alcalde de Baiona).
Moderará as xornadas Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito)
O contido das xornadas tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.
As xornadas desenvolveranse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo nas datas indicadas e ás 20:00h.