I Mostra de teatro afeccionado de Baiona
A partir do vindeiro sábado 19 de novembro o Auditorio V Centenario de Baiona acollerá a I Mostra de teatro afeccionado de Baiona. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Baiona. Esta mostra vén desenvolvéndose dende o 4 de novembro .
“Polos pelos” será a obra que abrirá está parte da mostra organizada polo IEM, a cargo de A Moura de Chaín a partir das 21:00h. no Auditorio V Centenario Baiona.
O programa continuará o domingo 20 de novembro con “Sopa de pedra” a cargo de Xente daquí e dacolá (Mañufe) a partir das 18:00h. no Auditorio V Centenario Baiona.
O grupo de Xesta vermella (Borreiros) sairá a escena con “Todos á escola!” ás 21:00h. e para finalizar o día 27 de novembro unha segunda obra de Xente daquí e dacolá, “Quen nos manda facer teatro?” ás 18:00h no Auditorio V Centenario Baiona.