Inaugúrase no Auditorio de Gondomar a I Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
A partir do vindeiro venres 6 de novembro o Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío” acollerá a I Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos co apoio do Concello de Gondomar, o evento pretende fixar os alicerces dun encontro anual que nesta ocasión congregará a elencos dos concellos de Gondomar e Oia.
Non hai ladrón que por ben non veña, será a obra que abrirá a mostra, a cargo do grupo Bertorella da parroquia de Morgadáns. Dirixidos por Luis Carballo, un elenco de dez persoas porá a partir das 21:30 horas en escena esta obra do Nobel de Literatura italiano, Dario Fo. Descargar Programa
Todas as obras que integran a mostra serán postas en escena por primeira vez polas delegacións teatrais. O programa continuará o domingo 8, con Os animais do paraíso, a cargo de Xente daquí e dacolá (Mañufe) a partir das 18 horas. Descargar Programa
O grupo O mellor de cada casa (Oia) sairá a escena con Picnic, o venres 20 de novembro ás 21:30 horas. Descargar Programa. Unha segunda obra de Xente daquí e dacolá, O asasino anda solto, presentarase o día domingo 22 ás 18 horas. Descargar Programa
A Xesta Vermella (Borreiros) con Doutor de cabeceira abrirá a derradeira fin de semana da mostra. Actuación que dará comezo ás 21:30 horas. Descargar Programa. Pechará esta primeira edición a obra Polos pelos, da agrupación A Moura (Chaín). Descargar Programa