Inscricións abertas para a Ruta Marítima por Baiona e o litoral sur coa guía de Xosé Lois Vilar.
Amigas e amigos, xa estamos case sobre a data de partida da Xeria Marítima que este ano percorrerá toda a costa do Val Miñor e parte do litoral sur atlántico. O arqueólogo Xosé Lois Vilar fará unha guía ao longo do percorrido onde gozaremos das súas historias do mar, e das mulleres e homes que deixaron pegada dende os primeiros poboamentos na bisbarra. Se o tempo o permite, este ano a contorna marítima do mosteiro de Oia será unha cita obrigada.
A Ruta terá lugar o mércores 22 de xullo con saída no porto de Baiona ás 21 horas. É necesario facer unha inscricións previa no teléfono 986360575 o día venres de 18 a 21: horas; luns e martes de 10 a 13 e de 18 a 21:30 horas.
Prezos:
Socias e socios do IEM 10 euros
Menores de 12 anos 10 euros
Público en xeral 15 euros.
De lle confirmar a praza, deberán facer o aboamento na conta corrente 2080.5035.07.3040014164 de ABANCA