Inscricións para un ciclo de catas de viños tintos de Galicia e Portugal.
Abrimos inscricións para un ciclo de catas de viños tintos de Galicia e Portugal cos técnicos en vitivinicultura Juan Chamorro e Noelia Pérez. En cada sesión probaranse 3 viños. As datas elixidas para as catas son os Mércores 5, 12, 19 e 26 de novembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Darán comezo a partir das 20:00 horas, cunha duración estimada dunha hora. O número máximo de asistentes será de 15. As catas realizaranse sempre que asista un mínimo de 10 persoas. O prezo por persoa é de 30 euros (25€ socios do IEM) pola totalidade do ciclo.
A cata dividirase da seguinte maneira:
– Explicación dos procesos que acontecen no viño e da súa elaboración.
– Xogos sensoriais para agudizar as capacidades olfactivas e gustativas.
– Introdución explicativa de cada viño onde se analizará, a groso modo, características da uva, lugar de obtención da uva, tipo de elaboración do produto, etc.
– Posteriormente análise sensorial dos viños (facilitarase unha ficha de cata onde se poden seguir os pasos adecuados para a cata e facer anotacións).
Calendario
Mércores 5, Cata de 3 viños da DO Rías Baixas.
Mércores 12, Cata de 3 viños da DO Ribeiro.
Mércores 19, Cata de 3 viños da DO Ribeira Sacra.
Mércores 26, Cata de 3 viños de diferentes rexións de Portugal.
A lista de integrantes do curso farase por rigorosa orde de inscrición polo cal, debido ás poucas prazas dispoñibles, recomendamos achegar o antes posibles un correo cos datos das/os interesadas/os a oficina@minhor. org. Unha vez recibido o correo enviaremos confirmación e datos da conta bancaria para o depósito do pago do curso.