O IEM precisa da túa axuda
Ante a necesidade de facer fronte a diversos gastos derivados das nosas actividades e o retraso en varios ingresos pendentes de cobro vémonos na obriga de demandar a vosa colaboración económica. Precisamos con urxencia 5860€ que agardamos reunir coas achegas que consideredes oportunas na conta do IEM 2080 5035 07 3040014164. As vosas achegas podedes facelas de forma nominal ou anónima e daremos cumprida conta das mesmas na nosa web.
Lembrade que tamén podedes colaborar asociándovos ou mercando as nosas publicacións.
Demandamos a vosa colaboración para poder seguir mantendo as nosas actividades coa mesma intensidade que durante a última ducia de anos.
Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos

Etiqueta:Axuda ao IEM